O cambio de tendencia a peor de Galicia chega impulsado por alzas notables en municipios con moito turismo: por exemplo O Grove, Santiago, A Pobra, Boiro e, especialmente, Vigo.
A análise xeográfica dos últimos datos do covid-19 debuxa un panorama dispar. A mellora é evidente en case toda a provincia de Lugo e na comarca da Coruña. Pola contra, seguen subindo os positivos nas comarcas de Santiago, Arousa e O Barbanza.
As últimas cifras do coronavirus son moi ambivalentes. Por unha banda, a mala noticia de que por segundo día seguido os diagnósticos superan ás altas. Doutra banda, a cifra de positivos é a máis baixa desde principios de noviembro. Bo dato o día no que se reúnen os expertos do SERGAS para decidir o plan para Nadal e, posiblemente, novos alivios. Alivios que están en cuestión, ante o repunte nas cidades que primeiro desperimetraron, Compostela e Ourense. Hoxe Santiago lidera os ascensos en Galicia.
Un novo estudo científico, publicado pola prestixiosa revista Nature, triplica a subida do mar debido ao cambio climático. De feito, uns 300 millóns de persoas viven hoxe en zonas en risco de quedar baixo as augas en 2050, de proseguir o actual ritmo de quecemento global. Galicia, loxicamente non se salva. Por poñer catro exemplos, os mapas previstos para Vigo, A Coruña, O Grove ou a Illa de Arousa son, simplemente, alarmantes.
A Lei impide limitar os produtos adquiridos fóra dos recintos salvo que existan motivos obxectivos, como a seguridade. A pesar diso, os organizadores dos festivais tentan facer máis caixa á conta dos estómagos e dos petos dos festivaleros.
Pola Illa de Arousa pasarán o primeiro fin de semana de xullo Lori Meyers, Maximo Park, Delorean, L.A., Anni B Sweet, Joe Crepúsculo, entre outros.
O sospeitoso, explicou aos medios Villanueva, trátase dunha persoa vinculada ao ferido. "Teñen relación entre eles", apostilou.