Persecución a toda velocidade coas rúas repletas de xente festexando o Entroido na Illa

A Garda Civil detivo a un mozo de 24 anos que se deu á fuga na Illa de Arousa (Pontevedra) mentres as rúas da localidade estaban cheas de xente que celebraba o entroido, segundo informa o Instituto Armado nun comunicado emitido este martes.

|

Sáltase un control da Garda Civil e conduce a fume de carozo polo centro urbano repleto de cidadáns festexando o Entroido


A Garda Civil detivo a un mozo de 24 anos que se deu á fuga na Illa de Arousa (Pontevedra) mentres as rúas da localidade estaban cheas de xente que celebraba o entroido, segundo informa o Instituto Armado nun comunicado emitido este martes.



Garda civil detido a illa de arousa

Foto do detido difundida pola Garda Civil



O condutor saltouse un control de alcoholemia e drogas que realizaban axentes da Garda Civil no marco do operativo de seguridade viaria nos festexos do entroido do municipio arousán.


Despois de non deterse ante o sinal dos axentes, o mozo emprendeu a fuga a gran velocidade polo centro urbano, onde centos de persoas celebraban o entroido.


CHEGOU A CHOCAR CON OUTRO COCHE

Tras varios quilómetros de fuxida, nos que chegou a chocar contra un turismo que estaba estacionado, o fugitivo foi detido nas inmediacións da ponte da Illa.


O condutor, veciño de Vilagarcía de 24 anos de idade, deu positivo nas probas de alcol e de drogas. Así, o detido podería enfrontarse a unha pena de seis meses a dous anos de prisión e a retirada do permiso de condución por un período de entre un e seis anos. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE