As mellores cifras en máis dun mes dan un respiro tras ao empeoramento do coronavirus




As últimas cifras do coronavirus son moi ambivalentes. Por unha banda, a mala noticia de que por segundo día seguido os diagnósticos superan ás altas. Doutra banda, a cifra de positivos é a máis baixa desde principios de noviembro.  Bo dato o día no que se reúnen os expertos do SERGAS para decidir  o plan para Nadal e, posiblemente, novos alivios. Alivios que están en cuestión, ante o repunte nas cidades que primeiro desperimetraron, Compostela e Ourense. Hoxe Santiago lidera os ascensos en Galicia.


|

As últimas cifras do coronavirus en Galicia son moi ambivalentes. Por unha banda, a mala noticia de que por segundo día seguido os diagnósticos superan ás altas. Doutra banda, a cifra de positivos é a máis baixa desde principios de novembro.  

Bo dato o día no que se reúnen os expertos do SERGAS para decidir  o plan para Nadal e, posiblemente, novos alivios. Alivios que están en cuestión, ante o repunte nas cidades que primeiro desperimetraron, Compostela e Ourense. Hoxe Santiago lidera os ascensos en Galicia.


Os 227 novos positivos confirmados hoxe é unha excelente cifra. É a mellor desde o 6 de outubro.


Con todo, non é para lanzar as campás ao voo. En primeiro lugar, porque é martes, e hoxe o SERGAS difunde os resultados de PCRs encargados o domingo, cando hai menos consultas.


En segundo lugar, porque as medias semanais baixan, o que é unha gran noticia tras o preocupante ascenso destes días, pero moi pouco. Así, a incidencia acumulada a sete días cae case nada, de 79,2 a 79 positivos por 100.000 galegos. Abrindo o plano a dúas semanas a mellora tamén é mínima, de 156 a 155.





ESBORRALLE DA POSITIVIDADE DEBIDO Aos CRIBADOS

De todos os indicadores o mellor hoxe é a taxa de positividade. Un bajísimo 2,8%, a mellor porcentaxe desde o 6 de outubro.  Un factor que explica a baixa tan baixa é os cribados masivos que se están realizando en lugares como MazaricosAs Pontes e O Barbanza.  Cribados que contribúen a disparar o número de probas diarias a unha media de máis de 7.600, máis de 8.000 onte.


Sexa cal for a causa, que a media semanal da positividade caia ao 4% é moi importante, pois o mellor resultado desde o 7 de outubro. 


VOLVE A SUBIR A CANTIDADE DE INFECTADOS

O impacto do repunte de positivos as pasadas xornadas déixase ver hoxe no cómputo de casos activos. Ascende por segundo día consecutivo, algo inédito desde principios de novembro, cando se disparou a actual onda.


O aumento é pequeno, só 38 enfermos ou un 0,7% máis, pero non deixa de ser significativo.  Así, a media semanal de cambio cada xornada chegou a estar a pasada semana nun -3,9% mentres hoxe é só de -1%.




DATOS POR ÁREAS SANITARAIS

Este rebote débese, entre outros factores, aos repuntes que están a sufrir as primeiras cidades desperimetradas, Santigo e Ourense. Galiciapress publicará nuns minutos unha análise xeográfica en detalle, pero xa pode informar que Santiago volve ser o concello que máis empeora hoxe, con 12 positivos máis. Ourense, afortunadamente, queda igual que onte.


Por áreas sanitarias, a que máis achega hoxe é a de Pontevedra - O Salnés, con 70 dos 227 positivos galegos. Excelentes cifras en Ourense, con só 9 diagnósticos e Lugo, con só 10. En Ourense só queda un paciente ingresado na UCI.





O repunte en Pontevedra débese ao empeoramento de datos de municipios como O Grove , Vilagarcía e á Illa.


A de Pontevedra-O Salnés é a única área sanitaria na que soben os contagios, con 70 nun día --27 máis--, e hoxe é a que máis suma. Mentres tanto, a de Vigo mantense en 47 novos positivos, sen variacións con respecto á xornada previa.

En canto ás áreas sanitarias que baixan as infeccións, a de Santiago-Barbanza é a máis afectada con 56 positivos, aínda que son 14 menos que os notificados o día anterior. Na Coruña-Cee descenderon de forma considerable, a 17 (-44); en Ferrol, a 18 (-30); en Lugo-A Mariña-Monforte, a 10 (-8); e en Ourense-Verín-O Barco, a 9 (-27). 


FALECIDOS


A Consellería de Sanidade notificou este luns sete novas mortes de persoas con coronavirus en Galicia --todos contaban con patoloxías previas--, de forma que os falecementos elévanse ata un total de 1.319 desde o inicio da pandemia.








IN2IO coronavirus en galicia desde agosto evoluci n diaria (29)







Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE