A análise xeográfica das últimas cifras do coronavirus en Galicia confirma o empeoramento xeneralizado, mesmo en Pontevedra, a área que menos mal se estaba comportando. A Mariña, Val Miñor, A Limia, Verín, O Barbanza, Santiago, A Costa da Morte, Ortegal, Arzúa e Melide son algunhas das comarcas que xa teñen a maioría dos seus municipios en nivel de risco extremo.
O ministro de Sanidade, Salvador Illa, resolveu o debate sobre a posibilidade de reducir os tempos de corentena, fixados neste momento a catorce días, a só unha semana de illamento. Illa considera que, ata que non exista un aval científico que apoie a teoría de reducir o período de corentena, este manterase nas dúas semanas.
O ministro de Sanidade, Salvador Illa, asegurou que na actual evolución da pandemia do coronavirus en España "non se dan as circunstancias de saúde pública" como para aprobar un confinamento xeneralizado da poboación como o ocorrido en marzo.
Salvador Illa cualifica de "contudente" a resposta da Xunta de Galicia e da Generalitat de Catalunya, aínda que admite que a situación é preocupante, e pide máis tempo para ver os resultados. O ministro reitera que é "normal" que vaian aparecendo tantos rebrotes por todo o país, a clave segue sendo localizalos de maneira precoz para illalos.
Novo tira e afrouxa entre a Xunta e o Goberno de España, nesta ocasión coas cifras de vítimas da Covid-19 como escusa para un cruzamento de declaracións entre o presidente Alberto Núñez Feijóo e o ministro de Sanidade Salvador Illa.