Covid por municipios: Fortes subidas na Coruña, Viveiro, Arteixo, Vigo, Ferrol, Xinzo e Ourense

A análise xeográfica das últimas cifras do coronavirus en Galicia confirma o empeoramento xeneralizado, mesmo en Pontevedra, a área que menos mal se estaba comportando. A Mariña, Val Miñor, A Limia, Verín, O Barbanza, Santiago, A Costa da Morte, Ortegal, Arzúa e Melide son algunhas das comarcas que xa teñen a maioría dos seus municipios en nivel de risco extremo. 


|

A análise xeográfica das últimas cifras do coronavirus en Galicia confirma o empeoramento xeneralizado, mesmo en Pontevedra, a área que menos mal se estaba comportando.

A Mariña, Val Miñor, A Limia, Verín, O Barbanza, Santiago, A Costa da Morte, Ortegal, Arzúa e Melide son algunhas das comarcas que xa teñen a maioría dos seus municipios en nivel de risco extremo. 



A subida do covid na cidade da Coruña é moi alarmante. Son xa 783 positivos en dúas semanas. Representan 50 máis que este cómputo onte. Desde o inicio de Nadal, a incidencia acumulada disparouse máis dun 250%.





En só tres días o concello da Coruña engadiu máis de 200 infectados ás súas cifras. E a tendencia á alza. Por vez primeira nesta onda, supera os 300 diagnósticos por cada 100.000 coruñeses en dúas semanas. Segue en risco extremo de acordo aos baremos para este indicador no semáforo de alertas estatal, en vermello no mapa:





A incidencia do coronavirus na Coruña é practicamente idéntica á de Santiago, a unica cidade a que a Xunta aplicou por agora o nivel máximo de restricións. O Goberno alegou que Compostela levaba máis tempo con niveis altos. 





Outra difrencia, máis recente, é que o ritmo de crecemento en Santiago é máis irregular, cun crecemento menos sostido. Hoxe sobe o seu cómputo a 14 días en 5 positivos máis, ata os 321.


Un pouco mellor, aínda que non moito, está a situación en Ourense cidade, cunha incidencia acumulada de 286. Hoxe engade 29 positivos ao seu cómputo a 14 días.  






A capital ouresana leva á alza desde principios de ano, o que dá solidez a a hipótese dun repunte provocado polas reunións do Nadal. 


Ferrol é a outra cidade na que o SERGAS baralla endurecer restricións. Como as outras tres citadas, tamén ten unha incidencia acumulada superior a 250, polo que está en nivel de risco extremo. 


Das citadas urbes, Santiago é a única que hoxe non está na lista de municipios cuxo cómputo a 14 días crece máis:



  • Ortigueira +10
  • Vimianzo +11
  • Lugo +11
  • Naron +13
  • Xinzo De Limia +14
  • Viveiro +16
  • Arteixo +17
  • Ferrol +27
  • Ourense +29
  • Vigo +32
  • Coruña (A) +50





Especiamente preocupante é a evolución recente de Viveiro, pois, a pesar do seu modesto tamaño, é o segundo día que se coa entre os municipios que máis empeoran.


Os algarismos da lista de municipios que máis rebaixan o seu cómputo a 14 días son moito máis modestos. 



  • Xove -6
  • Illa de Arousa -6
  • Carral -5
  • Pobra do Caramiñal A -5
  • Bueu -5
  • Ribeira -4
  • Santa Comba -4


Consulta a evolución do covid en todos os concellos de Galicia na táboa ao final desta noticia.


CASOS ACTIVOS POR ÁREAS SANITARIAS


A curva de infectados na área sanitaria da Coruña está disparada. Son xa case 2.000 enfermos. Desde principios de ano, a súa suma de casos activos creceu un 70%.





A área sanitaria de Pontevedra acumula tres días aumentando os seus casos activos. Xa non queda pois ningunha área sanitaria cunha curva á baixa.


A nivel galego, os casos activos de covid-19 --é dicir, as persoas que nestes momentos padecen a enfermidade-- disparáronse en 455 nas últimas 24 horas, ata alcanzar a cifra de 8.250 pacientes en total. Cabe destacar que o venres eran 6.889, polo que nunha soa fin de semana creceron en máis de 1.300.

Neste sentido, tamén a área da Coruña-Cee sitúase á cabeza, con 1.944 casos activos este luns tras subir en 113 nun só día. En segundo lugar continúa Santiago-Barbanza, con 1.679 pacientes de coronavirus, 37 máis.

Na de Vigo, o total de enfermos de covid sitúase este luns en 1.484, un aumento de 87 nun día, á vez que Ourense-Verín-O Barco superou o milleiro tras un ascenso de 93, ata o total de 1.040 pacientes.

Por baixo están, aínda que tamén aumentaron, as áreas sanitarias de Lugo-A Mariña-Monforte, con 778 (+27); Pontevedra-O Salnés, con 758 (+22); e Ferrol, con 567 (+76). 


ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS

A área sanitaria da Coruña-Cee volveu a ser, nos datos de Sanidade deste luns, a que notifica máis novos positivos por PCR, cun total de 151, aínda que supón baixar en 26 con respecto ao día anterior.



Tamén descenderon as infeccións detectadas nun día en Vigo, ata as 111 (-22), aínda que continúa como a segunda con máis contagios. En terceiro lugar sitúase Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, cun lixeiro repunte ata os 89 novos positivos (+1); e en cuarto está Ferrol, onde se dispararon os contagios diarios ata 86 (+25).


Entre as zonas con menos positivos nos datos deste luns figura a de Santiago-Barbanza, que notificou 74 infeccións tras un descenso de 14. Pontevedra-O Salnés sumou 66 positivos, un repunte de 23 con respecto aos notificados o domingo, mentres que Lugo-A Mariña-Monforte é de nova a área sanitaria con menos contagios, con 50 (-21).  


POSITIVIDADE


Tan só as áreas sanitarias de Vigo (3,5%) e Santiago (4,2%) están por baixo do 5%, mentres a de Lugo supéraa lixeiramente (6%). En canto ao resto, sitúanse bastante por encima: Ourense (9,3%), A Coruña (13,9%), Ferrol (16,3%) e Pontevedra (19,8%).


TÁBOA DATOS DE CORONAVIRUS EN TODOS Os CONCELLOS DE GALICIA:







InXUz coronavirus por concellos de galicia  (8)





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE