Os celadores de Pontevedra encerraranse no Montecelo para esixir que se escoiten as súas reclamacións
O colectivo de celadores pontevedrés busca melloras laborais que van desde contratos dignos até a "renovación total do parque de padiolas e cadeiras de rodas".
O colectivo de celadores pontevedrés busca melloras laborais que van desde contratos dignos até a "renovación total do parque de padiolas e cadeiras de rodas".
Propoñen un peche de 24 horas o vindeiro luns 23 de xaneiro no hospital Montecelo de Pontevedra para chamar a antención sobre a súa situación.

Se xa de seu a situación na sanidade galega era comprometida, as mobilizacións e protestas dos próximos días prometen agudizala aínda máis. Unha desas protestas terá lugar en en o Hospital Montecelo de Pontevedra e terá aos celadores das áreas sanitaria pontevedresa como tristes protagonistas, cansados de que as súas reivindicacións non sexan atendidas.
Tras semanadas tentando establecer un diálogo coa xerencia da área sanitaria, o colectivo de celadores de Pontevedra adoptou, tras a reunión mantida esta semana, celebrar un peche de 24 horas o próximo 23 de xaneiro. O obxectivo é obter respostas "por parte da xerencia a unha serie de vellas reclamacións, as cales todas elas están sen cumprir e das que son coñecedoras tanto polo anterior xerente como polo actual, José Flores".
Escribe o teu comentario