Folga nos establecementos de Vegalsa-Eroski o 20 de decembro por uns mellores salarios
A CIG, que convoca o paro, reclama un reforzo do persoal para afrontar a sobrecarga de traballo.
A CIG convocou unha xornada de folga para o vindeiro sábado 20 de decembro en Vegalsa-Eroski para esixir salarios e condicións laborais dignos, así como un reforzo do persoal para afrontar a sobrecarga de traballo.
A folga de 24 horas afecto ás tendas Eroski (excepto Eroski City, que son franquías), Familia e Cash Record, os centros loxísticos que o grupo empresarial ten na provincia da Coruña, así como ao Hipermercado Eroski de Ribadeo.
Con motivo da xornada de folga, a CIG tamén convocou mobilizacións na Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol, con manifestacións desde centros de traballo.
A decisión de ir a folga, explicaron Alejandra Formoso e Fernando Romero, representantes da CIG no comité, acordouse nas asembleas de traballadores "ante a negativa da empresa de avanzar na equiparación das condicións salariais e sociais coas xa incluídas no convenio colectivo provincial de alimentos".
Tamén, argumentaron, a realizar novas contratacións para afrontar a carga de traballo. "Somos os peor pagos do sector e estannos empobreciendo cada vez máis", afirmaron.
Escribe o teu comentario