A mina de Touro anótase un tanto ao asinar un convenio cos parquistas de Carril

Cobre San Rafael  prosegue coa súa estratexia de investir en alianzas con colectivos sociais para así desmontar a forte oposición á reapertura da explotación. Hai que ter en conta que o temor a que a mina acabase afectando o marisqueo na Ría de Arousa foi un dos factores que influíu en que a Xunta tombase o anterior proxecto. Agora, a mineira firma un patrocinio coa asociación de parquistas de Carril, unha das máis influentes na comarca.


|

Firma de un convenio entre Cobre San Rafael y Parquistas de Carril
 

Cobre San Rafael, vinculada á multinacional Atalaia Mina, e Parquistas de Carril OPP89 renovaron o seu convenio de colaboración até 2027, "reforzando a alianza entre a asociación produtora e a mineira que promove a reapertura da produción de cobre na mina de Touro".

Este acordo ten como obxectivo o estudo dos factores ambientais que afectan á produción marisqueira dos bancos de Carril, "priorizando a análise do impacto dos depredadores que inciden no detrimento do marisqueo", sinala Cobre San Rafael.

"Para achegar o noso granito de area para que a Ría de Arousa siga sendo a mellor ría pesqueira de Europa", asevera o director xeral da empresa mineira, Fernando Riopa.

Pola súa banda, José Luís Villanueva, presidente da agrupación Parquistas de Carril OPP89, sostivo que a situación nos bancos é "crítica" e que non a poden afrontar "en solitario".
 

 


"Agora, con tecnoloxía e apoio económico de Cobre San Rafael, contamos con ferramentas avanzadas para estudar e controlar estes depredadores".

As campañas de control levadas a cabo pola OPP89 con autorización da Consellería do Mar evidencian, remarcan nun comunicado, "a preocupante proliferación da raia látigo común non só nos bancos de Carril senón tamén en toda a ría de Arousa e noutras rías galegas".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE