Sergas

¿Por que falta persoal médico en Galicia?

A política de recortes do Partido Popular en Galicia levou a que moitos dos profesionais que ten a comunidade busquen outras opcións diferentes para exercer o seu traballo. O persoal médico que se forma con moito esforzo (tárdanse 10 anos en completar a formación en Pediatría) queren que ao final da sua carreira de estudo e prácticas, poidan ter un posto de traballo acorde coa súa cualificación e que a administración que os formou (con moi boa preparación e moitos cartos detrás) sexa consecuente e lles proporcione a posibilidade de traballar no seu País. Pero o que sucede é xusto o contrario

A CIG asina o documento de carreira profesional pactado co Sergas

"CIG-Saúde recoñece que esta carreira asinada non recolle o 100% das súas reivindicacións, pero cando negociamos sabemos que é moi difícil chegar ao 100%, e pensamos que este documento asinado é un paso positivo para o conxunto das traballadoras e traballadores e para o desenvolvimiento da sanidade pública do futuro"

"​Acordo no SERGAS para reactivar a carreira profesional de fixos e interinos de enfermería"

O Sindicato de Enfermería SATSE comunica que asina o acordo de Carreira Profesional tras alcanzar un acordo co Sergas que “modifica e acepta as principais propostas presentadas por este sindicato, e que melloran substancialmente o documento inicial rexeitado”.

Campaña de denuncia e mobilización contra a discriminación laboral das mulleres

A Secretaría dás Mulleres da Confederación Intersindical Galega presentou este xoves unha campaña para "visibilizar, denunciar, sensibilizar e combater as discriminacións que sofren as mulleres, polo feito de selo, no mundo do traballo" 

Dous días de folga de ambulancias esta semana

O conflito laboral do transporte sanitario público galego continúa en marcha sen que, por agora, haxa perspectivas dun acordo. Sobre a mesa segue a advertencia dos traballadores de ir á folga indefinida a partir de setembro.

Demandan ao Sergas polas restricións nas vacacións do persoal de enfermería

O sindicato SATSE demandou ao Sergas por impoñer restricións nos permisos e vacacións de 2018 do persoal de enfermería da área Sanitaria de Vigo

​“Ata 8 meses de espera para ver ao fisioterapeuta do SERGAS”

Un sindicato denuncia as graves carencias no cadro de persoal desta especial. Algo que pasa unha factura importante ás arcas públicas, pois moitas baixas laborais acaban prologándose máis do que debesen.

Os sindicatos prepáranse para as mobilizacións contra a oferta de carreira profesional do Sergas

Sindicatos con representación na Mesa Sectorial de Sanidade mantiveron este xoves unha reunión para preparar mobilizacións conxuntas en Galicia para rexeitar a carreira profesional que propón o Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Quen provoca a deterioración do Sistema Sanitario Público Galego?

Artigo de Dr. Xosé M.ª Divos Diz, Médico especialista de Atención Primaria de Outes.

O 061 foi avisado da presunta fraude no contrato de ambulancias, pero non fixo nada

A investigación sobre o amaño das adxudicación de parte das ambulancias da Xunta avanza. Esta semana declaran varios empresarios investigados por mor da denuncia dun competidor, que xa declarou que advertiu á Xunta das irregularidades en contrátaa, sen que o quixesen recibir sequera.

O Tribunal de Contratos tira varias adxudicacións do SERGAS
En Marea mostrou a súa satisfacción pola intervención do Tribunal de Contratación Pública ante as "graves irregularidades" cometidas polo Sergas nos procesos de adxudicación das terapias respiratorias e de radioloxía e que obriga ao ente público a repetir as licitacións.
Bolsa de traballo aos especialistas para acabar coas "sospeitas de nepotismo e clientelismo"

"Os primeiros beneficiados serían os pacientes", declaran nun comunicado, "porque contarían co mellor cadro médico posible, xa que cada praza sería cuberta pola persoa máis apta para iso" 

Varios sindicatos advirten de folgas no SERGAS se non hai acordo laboral

Da media ducia de sindicatos que negocia o novo marco laboral, só un apoia a última proposta do SERGAS. Polo menos dous, Comisións e Ou'Mega xa preparan moviliazacións, SATSE e CIG manifestaron a súa  oposición e CSI-F e UXT comunicarán en breve a súa postura.

CESM é o único sindicato que acepta o acordo do Sergas sobre a Carreira Profesional

"Non se viu un xesto suficientemente sensible cara ao persoal interino, que ten longa continuidade", criticou Satse, á vez que lamentou o "refrito de cousas que non aparecían antes" en textos anteriores da Administración. 

​Alertan de máis agresións ao persoal sanitario e piden que a Xunta tome medidas reais


Fronte a “política escaparate á que tan afeccionados son os xerarcas do Sergas”, ASMIG reclama asistencia xurídica para todos os agredidos.

O SERGAS oferta subir un 6% as retribucións de moitos dos seus empregados

Case tres mil euros máis ao ano. Isto é o que podían gañar a maiores os galenos de carreira do SERGAS, de aceptar os sindicatos a proposta da Xunta. Por agora, as centrais recoñecen melloras, pero haberá unha nova reunión este venres.

O SERGAS recoñece que o 12% das súas camas non estarán operativas este verán

A Consellería de Sanidade defende a súa decisión de deixar sen servizo camas cada verán. Fronte ás críticas de colectivos de usuarios, oposición e sindicatos; o Goberno argumenta que é algo que se fai en todo o mundo e que "as camas non se pechan", pois seguen estando dispoñibles de ser necesario. 

CCOO demanda ao Sergas a negociación dun plan de igualdade

O sindicato expón que o 80% das traballadoras do sistema público de saúde galego son mulleres, unhas 28.000

Doce pacientes de radioloxía que levaban "meses de esperas" quedaron sen atender no SERGAS

Un sindicato denuncia que o problema se debe a problemas coa concesonaria Galaria, algo que o SERGAS nega de plano.

O goberno impulsa mecenas privados no SERGAS

O PPdeG presentou unha iniciativa no pleno para pedir á Xunta que fomente "e acolla de forma complementaria" todas aquelas accións de mecenado para a sanidade pública "que redunden nunha mellora do servizo ao paciente".



Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE