Folga indefinida nas Urxencias Sanitarias 061

O persoal que atende o Centro de Coordinación do 061 é un dos colectivos convocados a un paro indefinido a partir do 4 de agosto. O motivo, o traslado forzoso dos traballadores desde Santiago á Estrada; razón que motivou tamén a exitosa folga do ano pasado dos traballadores do 112.


|

O persoal que atende o Centro de Coordinación de o 061 é un dos colectivos convocados a un paro indefinido a partir do 4 de agosto. O motivo, o traslado forzoso dos traballadores desde Santiago á Estrada; razón que motivou tamén a exitosa folga do ano pasado dos traballadores do 112.


061operadoras

Operadoras do 061


Segundo informa o sindicato CIG, haberá paros parciais varios días á semana. O obxectivo, sacarlle á Xunta unha negociación real sobre as condicións do traslado. 


O PRECEDENTE DA FOLGA DO 112

Hai que lembrar que os seus compañeiros do 112 lograron grazas a varios meses de paro en 2017 unha relevante subida salarial e outras melloras.


Están convocados os traballadores da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 e da Central de Coordinación 061 de Urxencias Sanitarias, do Grupo Norte. Así o votaron os proletarios en Asemblea o 18 de xullo. 


Están convocados paros parciais, todos os luns, sábados e festivos de 12:00 a 14:00 horas e de 19:00 a 21:00 horas a partir do día 4 de Agosto, no caso da Central de Coordinación. Canto á Fundación 061, a folga desenvolverase, tamén de forma indefinida, mediante paros parciais de 12:00 a 14:00 e de 19:00 a 21:00 os mércores, domingo e festivos dende o día 1 de Agosto de 2018, primeiro día das mobilizacións.


AVANCES INSUFICIENTES

Segundo explican, despois de varias reunións co Servizo Galego de Saúde (SERGAS) e a Dirección do 061 , chegouse a un punto no que a administración quedouse “nunha posición inmobilista nos puntos importantes”. Aínda que consideran que si se avanzou nalgúns eidos, noutros “a administración marca liña vermellas que fan imposible o acordo”.


A Xunta pretende facer efectivo o traslado a principios de outubro.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE