112

Desactivan un operativo de procura en Foz ao confirmar que non había ninguén en perigo

Segundo informou o 112, foi un particular o que sobre as 07.00 horas deste domingo alertou de que escoitaba berros que podían corresponder cunha petición de axuda no mar, na zona da praia de San Bartolo
 

Rescatan a dúas persoas ao encallar a súa embarcación de recreo en Malpica (A Coruña), unha delas sen vida

Efectivos de emerxencias rescataron este xoves pola mañá o corpo dunha muller falecida e a un home ferido tras encallar e afundirse parcialmente unha embarcación de recreo, un veleiro, preto do espigón de Malpica (A Coruña).

Morre no interior dun coche un home localizado en parada cardiorrespiratoria tras saírse da vía en Santiago
Profesionais sanitarios trataron de reanimar sen éxito na mañá deste martes a un condutor que foi localizado en parada cardiorresporatoria tras saírse da vía en Santiago de Compostela.
Unha de cada tres incidencias no 112 en 2020 foi por motivos sanitarios, reflicten os datos en Galicia
Os servizos de emerxencia prestaron apoio psicolóxico a máis de 700 persoas durante o confinamento de primavera
Folga indefinida nas Urxencias Sanitarias 061

O persoal que atende o Centro de Coordinación do 061 é un dos colectivos convocados a un paro indefinido a partir do 4 de agosto. O motivo, o traslado forzoso dos traballadores desde Santiago á Estrada; razón que motivou tamén a exitosa folga do ano pasado dos traballadores do 112.

Os alcaldes piden unha liña de teléfono para información directa en emerxencias

Lembran que moitos estiveron "ao mando de operativos" na vaga de incendios "co 112 colapsado durante horas".

Traballadores de Emerxencias denuncian colapso do 112, poucos efectivos e "descoordinación"

Critcan que o sector é un "conglomerado precario e desorganizado" e esperan que a vaga de incendios sirva polo menos para mellorar o servizo público.

Os acordos que puxeron fin á folga do 112 atopan trabas para cumprirse

Os traballadores denuncian que o xerente pon impedimentos, como "vinganza" polas reivindicacións laborais.

A vitoria da tenacidade

Foi a tenacidade das traballadoras e traballadores, a presión continua mantida, a que propiciou as reunións e a que facilitou o acordo que puxo fin á folga do 112 en Galicia.

Os traballadores do 112 conseguen as súas demandas e dan por finalizada a folga

Tras 83 días, arrincaron á Xunta unha subida de soldo dun 10% para compensar os gastos, aínda que seguirán pelexando polo sistema informático.

A reunión entre o comité do 112 e a empresa remata sen acordo

Volverán verse o día 5 de xullo | Os traballadores levan en folga máis de dous meses | Ao acordo só lle falta o último "empuxón".  

O BNG denunciará o "gasto neglixente" de fondos europeos na plataforma do 112

A ferramenta licitouse por algo máis de 800.000 euros, dos que un 80% se correspondeu con fondos europeos.

112, un servizo público que non pode depender do lucro

Imaxine que do seu traballo dependen vidas humanas. Imaxine que vostede e algunhas das persoas compañeiras de traballo denunciaron que os medios son escasos e pouco coordinados. Imaxine que a pesar desa responsabilidade vostede está subcontratada/o e que ten un salario mileurista.

Os bombeiros reprochan a Rueda que limite o conflito do 112 a un "problema laboral"

Denuncian que eles mesmos sofren problemas para contactar coa central de emerxencias porque o sistema informático ten "módulos desactivados para tentar diminuír os colgues".

Os traballadores do 112 rexeitan a nova oferta de compensación por "insuficiente"

A empresa cifra a compensación polo traslado á Estrada en 39 euros mensuais, moi por baixo dos 150 que piden os traballadores.

Evacuado en helicóptero un menor tras caer por unhas escaleiras en Maside

Os feitos tiveron lugar sobre as 20,00 horas do martes nunha propiedade de Lisancos, na parroquia de Armeses. 

O novo sistema do 112 atrasou 10 minutos a resposta ao naufraxio do 'Nuevo Marcos'

Asegúrano colectivos de traballadores de emerxencias, que insisten en que a plataforma "non funciona", mentres a Xunta limita os problemas a un "conflito laboral".

Acusan á Xunta de "temeridade" e "graves deficiencias" na xestión das emerxencias

Os traballadores fan esta denuncia no marco do primeiro aniversario do incendio na empresa Fandicosta | Critican a actuación do ente autonómico no naufraxio do 'Nuevo Marcos'. 

Representantes do comité do 112: "Hai profesionais que saen do traballo chorando"

Denuncian que o servizo está colapsado e que a plataforma informática "non funciona" e reprochan á Xunta o "traslado forzoso" á Estrada.

Traballadores do 112 revelan que o sistema informático "fallou" durante o traslado

O BNG censura que a Xunta é "incapaz" de "dialogar" co persoal e o PSdeG reclama "respecto" ao dereito a folga. 


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE