Evacuado en helicóptero un menor tras caer por unhas escaleiras en Maside
Os feitos tiveron lugar sobre as 20,00 horas do martes nunha propiedade de Lisancos, na parroquia de Armeses.
Un neno resultou ferido a última hora da tarde do martes tras caer por unhas escaleiras, debido ao que foi evacuado en helicóptero a un centro hospitalario.
Os feitos tiveron lugar sobre as 20,00 horas do martes nunha propiedade de Lisancos, na parroquia de Armeses, segundo informou o CAE 112 Galicia.
En concreto, o 112 Galicia tivo coñecemento do ocorrido por un aviso de Urxencias Sanitarias. Os efectivos sanitarios indicaron que estaban a mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Ourense e, ademais, alertouse á Garda Civil.
En concreto, o 061 desprazou unha ambulancia asistencial, un médico de Atención Primaria e o helicóptero medicalizado con base en Ourense, que levou ao menor ferido o Hospital Cristal, segundo confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.
Escribe o teu comentario