Os traballadores do 112 conseguen as súas demandas e dan por finalizada a folga

Tras 83 días, arrincaron á Xunta unha subida de soldo dun 10% para compensar os gastos, aínda que seguirán pelexando polo sistema informático.


|

112emerxenciasO persoal de Emerxencias consegue todas as súas reclamacións.


Persoal do Servizo de Atención a Emerxencias de Galicia 112 acordou poñer fin este xoves á folga que manteñen activa desde hai 83 días de forma "satisfactoria", tras "ser recoñecidas" todas as reclamacións, entre eles un aumento no salario que "paliará os gastos derivados" do traslado da central á localidade da Estrada.


Diso deu conta nun comunicado a CIG, no que explicou que foron necesarios "máis de 83 días de folga, 180 piquetes e mobilizacións de todo tipo" para chegar a este acordo.


Por iso, entre as demandas respondidas atópase unha subida salarial do 10%, que paliará o gasto derivado do desprazamento á nova sede do 112 Galicia, na Estrada. Neste sentido, a presidenta do comité de empresa, Isabel Moares, sinalou que "de solucionar a Xunta" este problema, a folga podía "evitarse".


Segundo explicou un dos membros do comité, Carlos Barros, tamén se contempla unha mellora nos dereitos de conciliación da vida laboral e familiar, que permitirá aos traballadores elixir entre librar dous fins de semana ao mes ou realizar unha secuencia de cinco días de traballo e tres libres.


Ademais, o persoal contratado a tempo parcial con "tan só" 25 horas de traballo á semana, pasará a ter xornada completa coma o resto de traballadores.


"SEGUIREMOS LOITANDO"


Moares mostrouse "satisfeita" polo acordo, que "cobre as súas expectativas", e apuntou que, aínda que finalizaron a folga, seguirán "loitando para que se solucione o problema derivado do programa informático" e "defendendo o carácter público" do servizo de emerxencias.


Lembrou que as denuncias que se fixeron por parte dos representantes dos servizos de emerxencias "seguen en pé" e non deixarán de reclamar que se garanta a "necesaria calidade e rapidez" na "xestión dos medios e na coordinación dos diferentes servizos de emerxencias".

relacionada A reunión entre o comité do 112 e a empresa remata sen acordo
relacionada O BNG denunciará o "gasto neglixente" de fondos europeos na plataforma do 112
relacionada 112, un servizo público que non pode depender do lucro

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE