Desactivan un operativo de procura en Foz ao confirmar que non había ninguén en perigo

Segundo informou o 112, foi un particular o que sobre as 07.00 horas deste domingo alertou de que escoitaba berros que podían corresponder cunha petición de axuda no mar, na zona da praia de San Bartolo
 


|

Garda costas
Garda costas


 

Un operativo de procura no mar en Foz foi desactivado despois de que os medios de emerxencias confirmaron que non había ninguén en perigo.

Segundo informou o 112, foi un particular o que sobre as 07.00 horas deste domingo alertou de que escoitaba berros que podían corresponder cunha petición de axuda no mar, na zona da praia de San Bartolo.

A central de emerxencias solicitou a acción de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, da Garda Civil, do GES de Cervo, da Policía Local de Foz e dos voluntarios de Protección Civil de Foz.

Unha vez no punto os servizos de emerxencias atoparon a un home fose da auga e que non necesitaba asistencia sanitaria. Con todo, ante a posibilidade de que houbese outra persoa implicada, os medios continuaron a procura até confirmar que ninguén estaba en perigo.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE