CCOO anuncia un recuso xudicial á "discriminatoria" Carreira Profesional do Sergas

CCOO e Ou'mega descolgáronse do acordo de desenvolvemento da Carreira Profesional do Sergas asinado o pasado venres 27


|



IMG 20180730 WA0001


A Federación de Sanidade de Comisións Obreiras anunciou este luns que recorrerá xudicialmente a "discriminatoria" Carreira Profesional (CP) do Sergas asinada o pasado venres 27 de xullo


A sección sindical considera que o acordo "deixa fóra" dos seus beneficios a miles de traballadoras e traballadores, en concreto, e segundo os seus cálculos, 12.000 persoas que representan un terzo do total do persoal sanitario público. 


"Con este recurso o sindicato non pretende paralizar a carreira profesional, senón que os seus efectos esténdanse a todo o persoal da sanidade pública", afirman nun comunicado. Segundo explica o secretario xeral de CCOO-Sanidade, Anxo Cameselle, o persoal temporal, o funcionario e o laboral queda fóra da CP, tendo que solicitar a condición de persoal estatutario estes dous últimos colectivos se pretenden facer carreira. Isto "significa tanto a perda do seu réxime xurídico como das súas condicións laborais actuais". 


O sindicato Ou'Mega tamén se desmarcou do acordo asinado o venres, que beneficiará a máis de 25.000 traballadoras e traballadores do Servizo Galego de Saúde -22.000 fixas e 3.000 interinas- con aumentos dun 6 e un 7% nas retribucións, dependendo do seu cargo e o seu grao de especialización. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE