Os subcontratados do Grupo Norte súmanse este sábado á folga de urxencias 061
A Xunta non logrou deter a huega na Fundación que xestiona as urxencias sanitarias, a pesar de chegar a un acordo cunha parte do cadro de persoal. Este fin de semana comezan os paros os subcontratados do Grupo Norte neste servizo público.
A Xunta non logrou deter a huega na Fundación que xestiona as urxencias sanitarias, a pesar de chegar a un acordo cunha parte do cadro de persoal. Este fin de semana comezan os paros os subcontratados do Grupo Norte neste servizo público.
O persoal da Central de Coordinación do 061, que xestiona o Grupo Norte e que se encarga de atender o centro de chamadas do servizo de Urxencias Sanitarias da Xunta, súmase este sábado á folga indefinida no servizo contra o traslado "forzoso" das dependencias á Estrada.
Desde o pasado mércores, día 1 de agosto, o persoal sanitario deste servizo permanece en paro indefinido para reclamar "unha compensación xusta" polo cambio de localización do seu centro de traballo desde as instalacións de Santiago de Compostela ata o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias da Estrada (Pontevedra).
Segundo explicou o sindicato CIG, os empregados do Grupo Norte aproveitarán a primeira xornada de folga, que se materializará mediante paros parciais todos os luns, sábados e festivos de 12,00 a 14,00 horas e de 19,00 a 21,00 horas. Ademais, participarán nunha concentración ante as instalacións do servizo en San Marcos.
Pola súa banda, o persoal estatutario do servizo de Urxencias Sanitarias 061 continúa coa folga indefinida iniciada o pasado mércores sen chegar polo momento a un achegamento de posturas coa Administración.
Escribe o teu comentario