O SERGAS nega que se vaian degustar pementos nun centro de saúde

A Xunta nega a información emitida pola central sindical CIG de Verín, quen esixiu que a que “a degustación de pratos de pementos non se realice dentro do Centro de Saúde de Oimbra”.


|

A Xunta nega a información emitida pola central sindical CIG de Verín, quen esixiu que a que “a degustación de pratos de pementos non se realice dentro do Centro de Saúde de Oimbra”.


.


20180803 123430


A EOXI de Ourense asegura que a actividade asistencial aos usuarios do Centro de Saúde de Oimbra desenvólvese de forma cotiá de luns a venres, polo que "a celebración da festa local non afecta de ningún modo ao normal funcionamento do dispositivo asistencial".


É SERGAS sinala que a instalación sanitaria é de propiedade municipal e está situada dentro do edificio do Concello. Cre que "non verase afectada de ningún xeito xa que a actividade festiva non utilizará ningún espazo asistencial, nin de consultas, nin administrativo e o acceso a eses espazos estará debidamente acoutado". A Consellería de Sanidade sinala que a degustación será fóra das instalacións.


A administración promete que "finalizada a actividade festiva do domingo procederase a limpeza da zona común e dos accesos ao centro e, de sucesivo, comprobarase o correcto estado das instalacións desde o punto de vista sanitario antes do comezo da actividade asistencial do próximo luns". Ademais, engade que "a Xerencia de Xestión Integrada informou no seu debido tempo e forma ao Concello de Oimbra das medidas para tomar e por tanto lamenta o uso partidista desta información por parte da central sindical CIG de Verín que o único que fai e tratar de crear alarma na poboación".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE