Centro de saúde do SERGAS usado para feira gastronómica con degustación de pementos

|

A XII Festa do Pemento do Concello de Oímbra chega con polémica. Un sindicato denuncia que o Concello programa "unha exposición de degustación de pratos de pementos no interior do centro de saúde". Como proba, achega unha foto da fachada do edificio do SERGAS na que, efectivamente, vese un pancarta anunciando o citado evento.



20180803 123430


"Esa actividade choca tanto coas normas de saúde pública como coas de prevención de riscos laborais que deben observar nos centros sanitarios", argumenta a CIG de Verín. 


Ante isto, a central, unha da máis representantivas de sanidade pública galega, fixo un requirimento. Os seus destinatarios, a xerencia do SERGAS e a alcaldesa. Piden que non se faga a actividade e dan a entender que acudirán aos xulgados chegado o caso.


A citada festa está prevista para o 5 de agosto e goza de bastante popularidade, goza da declaración de interese turístico que outorga a Xunta. 



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress