A Xustiza tira o plan do SERGAS para converter eventuais en interinos

O Plan de Estabilización que asinaron sindicatos e Consellería de Sanidade para limitar a enorme precariedade do SERGAS está en cuestión. Un fallo do TSXG dá a razón a un grupo de interinos que alertou foron contratados en fraude lei, ao encadear contratos.


|

O Plan de Estabilización que asinaron sindicatos e Consellería de Sanidade para limitar a enorme precariedade do SERGAS está en cuestión. Un fallo do TSXG dá a razón a un grupo de interinos que alertou foron contratados en fraude lei, ao encadear contratos.


Enfermeiros



Zeres Avogados, o buffete que levou o preito, destaca a "importancia brutal do fallo", que ao seu entender significa un "paso de xigante na defensa dos empregados públicos con nomeamentos administrativos".


Por agora, nin a Consellería de Sanidade nin os sindicatos asinantes tomaron a iniciativa de valorar o fallo. 


Zeres asegura que o "é a primeira sentenza dun Tribunal Superior da xurisdición Contencioso-administrativa que invoca a recente sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea Montero Mateos para recoñecer un vínculo indefinido non fixo".


"A sentenza deixa moi claro que un indefinido non fixo foi vítima dunha fraude nos seus nomeamentos administrativos, e por tanto non é suficiente nomealo interino para solucionar a situación nin erradicar a situación de fraude", engade.


Así, o TSXG converte en indefinidas ás denunciantes, recoñecendo os seus anos de experiencia. Está por ver como actúa o SERGAS para poñer orde ante o novo marco legal, que afecta a miles de traballadores sanitarios galegos precarios.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE