Gadis entrega os 37.000 euros doados polos seus clientes para a Asociación Española contra o Cancro
A campaña da firma galega realizouse entre o 6 e o 15 de febreiro.
Gadis recadou 37.000 euros para a Asociación Española contra o Cancro (#AECC) a través dos seus clientes, que realizaron doazóns nos supermercados da cadea entre o 6 e o 15 de febreiro.
Tal e como trasladou a compañía, este foi o quinto ano consecutivo que Gadis apoia esta campaña que destinará os seus fondos a financiar proxectos de investigación científica e facilitar asistencia integral aos pacientes e á súa contorna familiar.
Durante todo este tempo, detallou, entregáronse máis de 115.000 euros.
Escribe o teu comentario