Un Colexio de Médicos alerta dos insustentables problemas na atención primaria do SERGAS

O Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra denunciou que a "falta dunha adecuada planificación" por parte da Consellería de Sanidade xera "cada ano" unha "sobrecarga asistencial insustentable" para os profesionais de atención primaria.

|

Precariedade laboral, falta de prazas de MIR e de cobertura das baixas e as vacacións. Este é o cóctel de problemas que está a deteriorar a atención primaria no SERGAS, segundo o Colexio de Médicos de Pontevedra.



Sergas


O Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra denunciou que a "falta dunha adecuada planificación" por parte da Consellería de Sanidade xera "cada ano" unha "sobrecarga asistencial insustentable" para os profesionais de atención primaria.


"Non se cobren baixas nin vacacións e búscase a solución en prolongacións de xornada ante a ausencia de profesionais nas listas de contratación", criticou o Colexio nun comunicado.


Ademais, asegurou que esta problemática está "en parte condicionada" por unha política "errónea" de xubilacións "forzosas", pola "insuficiente" creación de prazas MIR para formar médicos de familia e pediatras, así como por unha "crecente precariedade laboral" do colectivo.

Así as cousas, o Colexio de Pontevedra insisten en que os principios que rexen a atención primaria están "en claro perigo". "E, sen eles, perde o seu valor e influencia no bo funcionamento do sistema público de saúde galego", engade.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE