RC Deportivo

O Supremo falla contra o Dépor e clasifica a débeda con Facenda como privilexiada

Isto supón prazos máis curtos para pagar os case 22 millóns que debe ao fisco, que xa non están suxeitos á quita do 33%.

Unha semana enteira para preparar o derbi de Riazor

O Dépor, sen compromisos entre semana, deixa atrás a vitoria fronte ao Barça e ponse a punto para recibir o Celta.

O Dépor dá a sorpresa en Riazor e confirma o cambio de rumbo

(2-1). Os de Pepe Mel mostraron orde defensiva para conter o Barça e chegar con bo estado de ánimo ao derbi do domingo que vén.

O Dépor salva un punto no desconto grazas a un penalti

(1-1). Pepe Mel valora que co resultado en contra o equipo non baixou os brazos e creu no empate.

Pepe Mel: "A miña obsesión é que todos os futbolistas pensen que o adestrador conta con eles"

O técnico deportivista di que xa "sabía que no Molinón iamos ter un pequeno baixón e que o próximo partido o volveremos ter".

O Dépor respira coa súa primeira vitoria a domicilio da liga

(0-1). Pedro Mosquera marcou un gol que rompe a mala serie deportivista ante un rival directo como é o Sporting.

Un punto e boa imaxe no 'reinicio' do Dépor con novo adestrador

(1-1). O Dépor foi capaz de igualar en intensidade ao Atlético, "o equipo máis intenso da liga", como o cualifica Pepe Mel.

O Dépor sofre en Leganés a derrota máis dolorosa do ano

(4-0). Garitano pon o seu cargo a disposición do club, que se reúne este domingo para decidir se dá máis marxe ao técnico ou o fulmina.

Tino Fernández presentouse en Abegondo para unha charla cos xogadores

O presidente do Dépor quixo mandar unha mensaxe de confianza ao cadro branquiazul "con bo ton", como contou Celso Borges.

Os líderes do vestiario fan piña para cambiar o rumbo do Dépor

Kakuta afirma que Garitano insiste en inculcarlles a "mentalidade gañadora" aos xogadores. El aínda non se ve "ao cento por cento".

Riazor perde a paciencia cunha nova derrota do Dépor

(0-1). Tanto os xogadores coma o técnico comprenden o enfado da afección tras caer ante o Alavés, a pesar de facer un bo partido.

Albentosa: "Temos que ter máis picardía nos partidos"

O central do Dépor bota en falta algo de "oficio" para saber parar os encontros cando se lles poñen costa arriba.

Andone, sobre o Alavés: "É un rival ao que non me gusta enfrontarme"

"Son fodidos de verdade: fortes, rochosos, intensos...", declara o romanés. En todo caso, celebra volver xogar en Riazor.

Juanfran: "Se Emre fose vasco, xogaría de titular no Athletic"

O xogador urxe a conseguir en febreiro un colchón de puntos para recuperar un pouco a tranquilidade antes da recta final.

Ola John: "Fixéronme sentir coma na casa rapidamente"

Di que na liga española "tes que demostrar cada semana que mereces estar". Este mércores comezan as obras de reparación de Riazor.


A reparación da cuberta de Riazor estará lista "en tres días"

O alcalde da Coruña avanza que, salvo que cheguen novos temporais, "o próximo partido de Liga xogarase sen problema".

Garitano: "A situación é delicada, canto antes o vexamos, antes sairemos"

O adestrador do Dépor non fala da súa renovación porque "os obxectivos non están cumpridos". Ola John mellorou o seu estado físico e entra na convocatoria.

O Dépor pecha xaneiro sen conseguir ningunha vitoria

(3-1). O Eibar foi o máis beneficiado nun partido de ida e volta onde os coruñeses se viron noqueados no primeiro cuarto de hora.

Garitano, prudente: "Vai ser unha pelexa moi dura ata o final"

"Eu tamén miro cara arriba e quero engancharme aí", avisa o adestrador deportivista, pero "a distancia co descenso é moi enganosa".


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE