A reparación da cuberta de Riazor estará lista "en tres días"

O alcalde da Coruña avanza que, salvo que cheguen novos temporais, "o próximo partido de Liga xogarase sen problema".


|

Tour riazor 04


O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, avanzou que "en tres días" estará concluído "o groso" da reparación da cuberta de Riazor danada polo temporal e indicou que, salvo que cheguen novos temporais, "o próximo partido de Liga xogarase sen problema". Será dentro de dúas semanas, precisamente contra o Alavés, ao que o adiamento do Celta-Real Madrid deste domingo non sentou nada ben.


Esta mañá o alcalde reuniuse con Núñez Feijóo e, preguntado sobre se presentou ao presidente algunha petición de apoio para reparar o estadio de Riazor, Ferreiro explicou que "o Concello ten as súas previsións orzamentarias para arranxala", aínda que chanceou con que non tería "inconveniente" en que a Xunta "botase unha man".


Mentres, no plano deportivo, o equipo está centrado xa na visita a San Mamés deste sábado. Para preparar o encontro ante o Atheltic de Bilbao, os xogadores están citados todos os días en Abegondo, sen un día de descanso esta semana.

relacionada Suspendido o Dépor-Betis polos danos sufridos en Riazor
relacionada O temporal ameaza con cancelar o Dépor-Betis en Riazor
relacionada Garitano: "A situación é delicada, canto antes o vexamos, antes sairemos"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE