Suspendido o Dépor-Betis polos danos sufridos en Riazor

O club, o concello e os equipos de Emerxencias decidiron que non se dispute esta noite o partido por problemas de seguridade.


|

Riazorestadio


A reunión entre os técnicos de seguridade do Concello, do Dépor e os equipos de Emerxencias decidiron suspender o encontro que ás nove menos cuarto da noite ía enfrontar a Dépor e Betis en Riazor. Confirmárono o club e o concello herculino.


O temporal levantou parte da cuberta do estadio e anacos de uralita chegaron ao campo e á rúa, o que provoca dúbidas sobre a seguridade ante a chegada dunha nova fronte que esta mesma noite volverá azoutar a cidade. Por iso, desestimouse finalmente a opción de recolocar os afeccionados nas zonas da bancada que non se viron afectadas, tal e como se barallou nun primeiro momento.


Aínda falta a confirmación oficial. A decisión tomouse en contacto coa patronal da liga e non se sabe aínda ata cando se apraza o encontro. O presidente do Deportivo, Tino Fernández, estivo desde primeira hora no estadio para coñecer de primeira man os danos. 


O PECHE DO ESTADIO AFECTA AO BASKET


O concelleiro de Cultura e Deporte, José Manuel Sande, comunicou tamén a suspensión do partido de baloncesto entre o Leyma e o Barcelona B que se ía celebrar no pavillón de Riazor, ao decretarse o peche destas instalacións por precaución a causa do temporal.

relacionada O temporal ameaza con cancelar o Dépor-Betis en Riazor

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE