Garitano, prudente: "Vai ser unha pelexa moi dura ata o final"

"Eu tamén miro cara arriba e quero engancharme aí", avisa o adestrador deportivista, pero "a distancia co descenso é moi enganosa".


|

GaritanobanquilloGaritano, no banco. //Fonte: RC Deportivo.


Gaizka Garitano subliñou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que "seguimos na pelexa. Todo o que sexa pensar que xa saímos, que xa non hai que mirar para abaixo, creo que sería o peor erro que podemos cometer".


Iso si, aclara o técnico deportivista que "eu tamén miro cara arriba e quero engancharme aí. Pero para iso necesitamos gañar, e non é fácil. Nós imos partido a partido, tentar gañar, pero non pensar que porque agora esteamos a 6 puntos do descenso isto cambia. Mañá podemos estar a 3. Queremos estar a 8, ou a 9, ou cada vez máis arriba".


Expresou o seu desexo de acabar a primeira volta "coa primeira vitoria (lonxe de Riazor). É o que temos agora mesmo en mente, acabar con 21 puntos. A distancia co descenso é moi enganosa, seguimos nos postos de abaixo".


Confesou que fala cos xogadores nesta liña: "Seguimos abaixo e temos que tentar enganchar cos postos de arriba. Isto vai ser unha pelexa moi dura ata o final".


Opina o adestrador branquiazul que "xa hai bastante tempo que o equipo se parece ao que eu quero. Non desde que os resultados son mellores, senón desde antes. Desde que os resultados non eran tan bos, o equipo estaba moi preto de gañar moitos partidos. Non cambiou en exceso o equipo desde hai dous meses ou dous meses e medio".


En canto ao Las Palmas, rival mañá venres 20 de xaneiro no Estadio de Gran Canaria, Garitano cre que "se ti lles das sempre a pelota, eles teñen moito brillo co balón, moitos futbolistas de calidade, Jonathan Viera, Roque Mesa... Teñen arriba xente desequilibrante. Eles atópanse moi a gusto co balón. Tes que defender ben e logo nós somos capaces de ter o balón. Se atopamos a profundidade que necesitamos, somos con balón un equipo que fai cousas, que manexa ben a pelota".

relacionada Kakuta chega cedido ao Dépor para "ser mellor que no Rayo"
relacionada Laure: "En calquera momento os de abaixo apertarán e temos que estar lonxe de alí"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE