Ola John: "Fixéronme sentir coma na casa rapidamente"

Di que na liga española "tes que demostrar cada semana que mereces estar". Este mércores comezan as obras de reparación de Riazor.



|

Olajohnprensa 1

Ola John, en sala de prensa. // Fonte: RC Deportivo.


Este mércores comezan as obras de Riazor para reparar os danos provocados polo temporal, aínda que a celebración do partido contra o Alavés está asegurada. É unha intervención con carácter urxente que terá un custo de 18.000 euros, segundo o concello herculino. A gran obra de reforma do estadio empezará no verán de 2018.


Antes, o Dépor medirase co Athletic en San Mamés, unha cita que Ola John espera con ansia de debutar. "Tárdame xogar, por fin estou en forma e creo que estou preparado", dixo esta mañá en rolda de prensa.


"Cheguei un pouco falto de ritmo porque estiven lesionado dos isquios tres meses, así que necesitaba tempo para terminar de recuperarme", recoñeceu, para insistir en que "o que necesito agora para poñerme ao máximo son partidos". Con todo, non espera ser titular ata dentro de "dous ou tres encontros".


Da súa primeira impresión sobre o Dépor destaca que "o club e a xente son moi amables e fixéronme sentir coma na casa rapidamente". Así mesmo, atópase a gusto na Coruña: "é unha cidade bonita e tranquila e estou coa miña familia, así que é facil adaptarse".


A nivel futbolístico, o máis diferente é que "aquí tes que presionar máis, todos os xogadores presionan, todos son máis rápidos, máis técnicos". Tamén está convencido de que "tes que demostrar cada semana que mereces estar, non se permite ser irregular" para triunfar na liga.


"Como equipo debemos mirar cara arriba, non mirar abaixo", afirma, sen importar "contra quen xogue".


Sobre o futuro di que falará "despois de dez partidos". Agora "só quero mostrar a miña capacidade e devolver ao club a confianza que mostraron ao ficharme".

relacionada Suspendido o Dépor-Betis polos danos sufridos en Riazor
relacionada Garitano: "A situación é delicada, canto antes o vexamos, antes sairemos"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE