Albentosa: "Temos que ter máis picardía nos partidos"

O central do Dépor bota en falta algo de "oficio" para saber parar os encontros cando se lles poñen costa arriba.


|

ColakalbentosadeporÇolak e Albentosa, nun adestramento. //Fonte: RC Deportivo


Raúl Albentosa insiste, coma outros xogadores deportivistas, na urxencia de sumar puntos para non enterrarse nuns postos de descenso que se achegan. "Psicoloxicamente fai falta unha vitoria para que o equipo dea un pasiño máis, como ocorreu en decembro", afirmou o central en rolda de prensa, onde avisou de que "agora mesmo ou vas con máis moral e máis ganas ou afundes e quedas no camiño. Que quede outro!".


Moitas das derrotas, o xogador achácaas a falta de "picardía". E refírese a "saber ler o partido" e "se che están apertando moito, paralo". Recoñece que "nesa faceta fáltanos bastante tirando a moito". Tamén manda unha mensaxe aos seus compañeiros: "Temos que mirarnos cada un os fallos que poida ter. Non sei cantas faltas fixemos de cortar contrataques" fronte ao Athletic. E insiste en que "iso non se traballa nin se adestra", pero pide reflexionar.


Así, recoñeceu que "o outro día dígolle a un compañeiro, cando queden dous minutos bótate ao chan. Está mal dito, pero estou a xogarme a vida e eu, un central, no 88 non me podo botar ao chan".


Albentosa non cre que ao equipo lle falte "xogo", senón que "é verdade que o equipo pode estar asfixiado, pero non por falta de xogo. Non temos un problema de non ter o balón. Neste equipo hai moita calidade e outras cousas non tanto. Igual nos falta profundidade, pero non posesión nin xogo".


Para evitar a laxa psicolóxica da mala serie, só cabe unha solución: gañar e sumar puntos. "Tes dous tropezos e estás metido na queima aínda que gañemos tres partidos seguidos, que son nove puntos e non chegas aos 36 ou 40 que fan falta", insiste.


Sobre a súa situación persoal, tras perder a titularidade durante alguns partidos, Albentosa reprocha que "había xente que pensaba que eu estaba xogando porque era amigo do adestrador e non é así".

relacionada Andone, sobre o Alavés: "É un rival ao que non me gusta enfrontarme"
relacionada O Dépor non pode "legalmente" ocuparse das obras na cuberta de Riazor

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE