Pepe Mel: "A miña obsesión é que todos os futbolistas pensen que o adestrador conta con eles"

|

PepemeldeporPepe Mel, nun adestramento. // Fonte: RC Deportivo


Pepe Mel prepara a visita do Betis a Riazor como "un partido vital", e así llo trasladou aos xogadores, pois entende que "resulta que todos os demais non van xogar, así que todos os puntos que saquemos son vantaxe".


O novo técnico deportivista destacou esta mañá ante a prensa que "a moral está fantástica", aínda que recoñece que "moi cansada a xente, pero mirando as cousas con optimismo, como ten que ser".


Sobre o estado físico dos seus xogadores, afirma que "por moi ben que estivesen fisicamente, a malleira de partidos que levamos cando termine o do Barça vai ser importante". E insiste en que "sabía que no Molinón iamos ter un pequeno baixón e que o próximo partido o volveremos ter".


Para Pepe Mel, a súa obsesión "é que todos os futbolistas pensen que o adestrador conta con eles". Así, considera que de momento se amoldaron ben ambas partes, persoal e corpo técnico e que "meter a toda a xente dentro é moi importante", que "eles vexan que son próximo e quero contar con todos eles".


Sobre o partido deste mércores ante o Betis, remarca que "quizáis o partido estraño sexa o día que volva para enfrontarme ao Betis a Sevilla polos sons do campo, o ambiente da afección... que che lembrará moitas cousas".


Este afróntao como "un partido vital para nós porque resulta que todos os demais non van xogar, así que todos os puntos que saquemos son vantaxe". Neste sentido, di coñecer os puntos débiles dos andaluces, pero gárdaos para "non dar pistas". E aclarou que "ningún futbolista vai ser reservado porque teña catro cartóns", pois entende que o máis importante sempre é o partido máis inmediato.


Ademais, quixo trasladar que o persoal lle pediu que dese as "grazas á xente polo desprazamento masivo a Xixón".

relacionada O Dépor respira coa súa primeira vitoria a domicilio da liga
relacionada Un punto e boa imaxe no 'reinicio' do Dépor con novo adestrador

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress