Drama galego no descenso do Real Zaragoza: de soñar con volver a Primeira a case tocar a Primeira RFEF

Os defensores Diego Tasende e Pablo Insua viven un ano dramático no conxunto maño, practicamente descendido ao fútbol de bronce. 


|

Tasende
Tasende | Foto: Real Zaragoza

 

 

Non moitos equipos poden presmuir de ter nas súas vitrinas até seis cordóns copeiros. Si a isto sumamos unha Supercopa de España, unha Copa de Feiras e unha Recopa de Europa lendaria, os acenos lévannos directamente á capital de Aragón. En Zaragoza quedaron atrás os anos de gloria onde se soñaba en cada inicio de campionato co regreso a Europa do principal equipo da cidade. Por quedar atrás até quedaron xa lonxe as tempadas onde era un candidato a abandonar a Segunda División, categoría na que leva enclaustrado o Real Zaragoza desde fai máis dunha década e onde levaba tempo coqueteando cun descenso aos infernos que, agora, parece a piques de cristalizar, con dous protagonistas galegos no persoal do club maño.

 

 

UN ANO DE PESADELO

Trátase de Diego Tasende e Pablo Insua, dous defensores que viven o seu ano máis aciago desde que chegaron ao fútbol profesional. Tasende, o irmán pequeno de Angeliño, parecía haber instalado definitivamente en Segunda División, mentres que Insua chegaba a beiras do Ebro coa bitola de ser un central forxado en mil batallas e con varios ascensos ás súas costas. 

 

O proxecto do Zaragoza era ambicioso, pero como en anos anteriores fallou desde a base, entrando moi cedo nunha espiral de malos resultados e cambios de adestrador que levaron ao equipo a rozar coa punta dos dedos a Primeira RFEF cando quedan só dúas xornadas por disputar. Últimos, a cinco puntos da permanencia, os zaragozanos necesitan dunha carambola milagrosa para permanecer en Segunda, feito farto improbable, sobre todo porque tería que facer un pleno de vitorias unha escuadra que non gaña desde abril.

 

Insua
Pablo Insua | Foto: Real Zaragoza

 

A ningún dos dous galegos foilles precisamente este ano, de auténtico pesadelo para todo o Zaragoza. Os futuros de Tasende e Insua poderían estar lonxe da Romareda e o estadio novo onde están exiliados, sobre todo o segundo, aínda con cartel na cateogría de prata -especulouse moito co seu regreso ao Dépor- e cun contrato que expira en xuño. O pequeno dos Tasende ten vínculo aínda até 2028, pero na reconstrución total que expón a dirección ninguén ten o posto asegurado o ano que vén.  

 

 

Os dous tiveron peso este ano, sobre todo o de Arzúa, que disputou máis de 2.500 minutos. Practicamente só as amarelas -viu trece este ano, cumprindo ciclo dúas veces- apartárono do once titular. O de Coristanco, en cambio, foi case sempre un futbolista de refresco, pero os seus 30 partidos, catro asistencias e case 1.400 minutos en Segunda este ano ábrenlle a porta á continuidade, xa que demostrou que pode achegar tanto no eixo da zaga como de lateral. Non lles faltarán noivas este verán, pero primeiro terán que pasar o grolo de terminar unha tempada onde, como moito, só quédalles tentar salvar a honra e dicir adeus a un moi mal ano coa cabeza alta.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE