Os líderes do vestiario fan piña para cambiar o rumbo do Dépor

Kakuta afirma que Garitano insiste en inculcarlles a "mentalidade gañadora" aos xogadores. El aínda non se ve "ao cento por cento".


|

Deporentrenamiento 2


A derrota do sábado e a mala xeira arrastrada, así como o cabreo de Riazor, están a deixar a súa marca na confianza do vestiario do Dépor. Unha situación que os líderes tentan endereitar. Así o afirmou esta mañá en rolda de prensa Gael Kakuta, que revelou que tras o choque contra o Alavés tomaron a palabra para cambiar o estado de ánimo do equipo.


Aínda así, asegura que o vestiario está unido: "Falamos das cousas boas e as malas, pero non hai nada malo no vestiario, o ambiente é moi bo. Somos un equipo e estamos a traballar para mellorar, temos que axudarnos, non lograremos mellorar enfadándonos entre nós".


Na mesma liña ve a Gaizka Garitano: "Quere que gañemos, que melloremos... está a axudarnos a mellorar cada día, traballando para corrixir o que fixemos mal. A súa mentalidade está igual, é unha mentalidade gañadora e quere que nós a teñamos tamén".


Sobre o seu papel, o francés recoñece que "foi unha decepción porque tivemos moitas ocasións, eu tirei ao traveseiro e de marcar o partido cambiaría". Promete dar a súa mellor versión en pouco tempo: "Veño dun país diferente cunha cultura diferente. Agora mesmo é como unha pretemporada para min. Entendo que aínda non estou ao cento por cento, pero estou a traballar para poñerme a tope canto antes e render ao meu mellor nivel".

relacionada Riazor perde a paciencia cunha nova derrota do Dépor
relacionada Albentosa: "Temos que ter máis picardía nos partidos"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE