Juanfran: "Se Emre fose vasco, xogaría de titular no Athletic"

O xogador urxe a conseguir en febreiro un colchón de puntos para recuperar un pouco a tranquilidade antes da recta final.


|

JuanfrandeporrpJuanfran, en rolda de prensa. //Fonte: RC Deportivo


Na liña do que veñen dicindo os deportivistas nas últimas semanas, esta mañá Juanfran insistiu na necesidade de volver gañar nesta saída a San Mamés. "Veriámosnos con 22 puntos, gañariamos contra un gran equipo nun campo difícil e temos logo o Alavés na casa e o partido co Leganés", reflexionou o xogador.


Para el, este mes é clave para conseguir un colchón de puntos para a permanencia. "Despois deste mes chega un momento difícil, co Barcelona, o Celta, o Valencia, o Sevilla, o Málaga... E esta ten que ser o momento de coller un colchón para afrontar eses partidos con moita máis confianza", afirmou.


Sobre o xogo despregado polo conxunto herculino, recoñece que "non estamos a defender ben nin individualmente nin colectivamente" e que lles "custa facer goles", por iso anima a ser "defensivamente fortes, intensos nas disputas cos rivais, porque somos un equipo que vive diso".


Para este fin de semana, é consciente da grandeza do equipo bilbaíno, pero di estar "seguro de que Emre se fose vasco xogaría no Athletic de Bilbao de titular... igual ca outros moitos compañeiros".


A este fin axudarán, confía, as incorporacións de xaneiro. Preguntado por Kakuta, co que coincidirá en banda, afirma que "cos bos xogadores é fácil asociarse e Kakuta é un bo xogador, ídelo ver, ten calidade coa pelota".


En canto ao aspecto psicolóxico, está convencido de que "temos crer que debemos estar máis arriba do que estamos, porque somos mellores xogadores do que estamos a facer nalgúns partidos". Empeza por se mesmo: "Eu tamén teño que dar máis". Por encima de todo, ten presente que "non somos un equipo pequeno, somos o Deportivo da Coruña".

relacionada Carles Gil: "Se noutros campos a falta de intensidade nos mata, en San Mamés máis"
relacionada Ola John: "Fixéronme sentir coma na casa rapidamente"
relacionada Garitano: "A situación é delicada, canto antes o vexamos, antes sairemos"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE