Os sinais dos nosos camiños

Óscar de Souto
Escritor

Escritor nado en Cabana de Bergantiños, administrador de Noticias Bergantiños, A Costa Verdescente e Poesía Galega Ceibe, entre outras páxinas e grupos. Actualmente é locutor do programa radiofónico Faros de radio Roncudo Corme e colabora como redacción para 21noticias.com na Comarca de Bergantiños, ademáis é articulista de opinión na prensa dende hai varias décadas. (foto de Arquivo AELG - distrito Xesmar)

Entre os faros da “Costa da Morte” e seguindo unha ruta pública, mediante google maps, os camiñantes seguen facendo un trazado, non homologado, e sen aparente organización, que pasa por zonas de especial protección ecolóxica e carreiros polos cantiis que parecen ter certo perigo para calquera persoa. Iso non puido frear aos senderistas que, desde todas as partes do planeta, seguen esta ruta, mesmo con carteis de prohibido o paso, instaladas por “Demarcación de Costas” e transcorren por leiras particulares privadas, sen permiso dos lexítimos donos. As frechas verdes pintadas, como grafitis, parecen reafirmar o que sentenza o trazado de google maps, posiblemente, por si algún camiñante quedase sen datos de internet ou sen sinal. Este camiño “aparentemente alegal” está a ser aproveitado, en certos tramos, por grupos de Sendeirismo legal con seguros, permisos e guías homologados, pero, eludindo zonas protexidas ou de perigo para o bo camiñante.

 

E renace o vello camiño milenario dos celtas.

 

O camiño céltico, que conectaba os portos da “Costa da Morte” con Santiago de Compostela, tamén están a dar os seus primeiros pasos para resucitar as milenarias rutas xacobeas perdidas na historia. Daqueles peregrinos que buscaban a Ara Solis, a Torre de Breogán ou de Hércules, que a igrexa cristiá aproveitou para reconquistar a adoración solar e as anteriores adoracións dos xentís, centralizando todo en Santiago de Compostela. Este novo camiño xacobeo milenario ten frechas laranxas como o sol no “luscofusco”, o seu emblema é unha áncora sobre fondo azul escuro marítimo.

 

Outras sendas en terras afastadas con formas curiosas.

 

Unha talla fálica en relevo no solo de Pompeya podería sinalar, eufemísticamente, o camiño a un bordel, segundo algúns expertos na materia, referíndonos a historia e arqueoloxía.

 

Pódense atopar tallas romanas que representan un falo incorpóreo en asentamentos desde o centro de Italia até as fronteiras máis afastadas do Imperio. Certamente hai moitas tallas fálicas in situ en Pompeya e, en particular, hai polo menos un presunto ou posible bordel. Vicolo do Lupanare, un edificio de dous pisos con dez habitacións, cada unha cunha cama de pedra e, a miúdo, acompañada de frescos gráficos que representan actos sexuais. Todas estas pezas fan que nos imaxinemos que puidese tratar dun establecemento dedicado a eses mesteres, aínda que non teñamos a certeza plena para sentenciar esta posibilidade.

 

A afirmación do “falo do bordel de Pompeya” parece estar particularmente asociada cunha pedra tallada, lastro, a nivel do solo, no Decumanus Maximus, Via Abbondonza. Isto segue sendo parte da interpretación do sitio para os turistas, unha interpretación que pode ou non ser acertada ou exacta. Certos investigadores afirmaron que estes signos de falo usábanse xeralmente para os visitantes que non sabían ler en latín e é posible que necesitasen outros sinais, non escritas, para  atopar un bordel. Segundo un traballo recente do autor e investigador Levin-Richardson, xa publicado.

 

Curiosos sinais por camiños que parecen de recente creación e son tan vellas as súas pisadas que ninguén lembra xa o seu primeiro paso sobre unha terra conquistada por homínidos antes da chegada do home moderno a Europa.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE