Escritor nado en Cabana de Bergantiños, administrador de Noticias Bergantiños, A Costa Verdescente e Poesía Galega Ceibe, entre outras páxinas e grupos. Actualmente é locutor do programa radiofónico Faros de radio Roncudo Corme e colabora como redacción para 21noticias.com na Comarca de Bergantiños, ademáis é articulista de opinión na prensa dende hai varias décadas. (foto de Arquivo AELG - distrito Xesmar)
As administracións que investiron moito diñeiro público nun museo e nunha estatua na súa honra agora parecen decididos a esquecer a obra do escultor
Mentres o Concello de Camariñas recoñece o efémero da obra de Man algúns aldeáns desexan protexer dos temporais costeiros ese legado cultural e social representativo de Camelle e da Costa da Morte.
Manfred Gnädinger, o alemán que na súa peregrinación por Europa acaba namorado de Camelle, faleceu o 28 de decembro do 2002, afectado por unha enfermidade chamada tristeza, por aquela marea negra do Prestige, que vestía de negro o noso litoral. Pero, despois da súa morte, foi recoñecido mundialmente pola súa arte alertantivo con pedras da costa foi creando esas catedrais e milladoiros representativos da súa esencia como artista e escultor pero tamén representativos desta vila costamorteña.
A mostra do encaixe de Camariñas é referencia deste Concello. Ademais, o Cemiterio dos Ingleses e o Vilán Vilán están recoñecidos entre os 10 lugares máis fermosos de España, a pesar de que a súa historia escura deron nome ás súas costas, bautizadas no século pasado como A Costa da Morte.
A erosión, da zona onde Man vivía, polos elementos naturais, especialmente o efecto das mareas cheas cando o temporal alaga a costa de Camelle están a esnaquizar, ano tras ano, o pouco que aínda segue en pé preto de aquela vella cabana onde sobrevivía o artista e escultor alemán que, namorado do mar de Camelle, acabou por roubar o corazón de moitos habitantes da Costa da Morte, mais sobre todo, aos veciños deste pequeno porto coruñes.
As administracións que investiron moito diñeiro público nun museo e nunha estatua na súa honra agora parecen decididos a esquecer a obra do escultor por considerala efémera. Son moitos os aldeáns que piden a protección ou traslado destas esculturas a un lugar seguro lonxe das mareas.
Falta saber si vencerá o efémero ou o eterno. Vostede que opina, querido lector ?
Escribe o teu comentario