Man de Camelle e o abandono da súa obra efímera

Óscar de Souto
Escritor

Escritor nado en Cabana de Bergantiños, administrador de Noticias Bergantiños, A Costa Verdescente e Poesía Galega Ceibe, entre outras páxinas e grupos. Actualmente é locutor do programa radiofónico Faros de radio Roncudo Corme e colabora como redacción para 21noticias.com na Comarca de Bergantiños, ademáis é articulista de opinión na prensa dende hai varias décadas. (foto de Arquivo AELG - distrito Xesmar)

 As administracións que investiron moito diñeiro público nun museo e nunha estatua na súa honra agora parecen decididos a esquencer a obra do escultor por considerala efímera. Son moitos os lugareños que piden a protección ou traslado destas esculturas a un lugar seguro l

 

Man camelle camarinhas homenaje
Homenaje a Man de Camelle en una foto de archivo

 

 
Mentras o Concello de Camariñas recoñece o efímero da obra de Man algúns lugareños desexan protexer dos temporais costeiros ese legado cultural e social representativo de Camelle e da Costa da Morte.
 
Manfred Gnädinger, o alemán que na súa peregrinación por Europa acaba enamorado de Camelle, falece o 28 de decembro do 2002, afectado ppr unha enfermidade chamada tristeza, por aquela marea negra do Prestige, que vestía de negro o noso litoral. Pero, despois da súa morte, foi recoñecido mundialmente pola súa arte marxinal que con rolos da beiramar foi creando esas catedrais e milladoiros representativos da súa esencia como artista e escultor pero tamén representativos desta vila costamorteña.
 
A mostra do encaixe de Camariñas é referencia deste Concello, mais o Cemiterio dos Ingleses e o Faro Vilán están recoñecidos entre os 10 lugares máis fermosos de España, a pesar de que a súa historia escura deron nome ás súas costas, bautizadas no século pasado como A Costa da Morte.
 
A erosión, da zona onde Man vivía, polos elementos naturais, especialmente o efecto das mareas cheas cando o temporal asolaga a beiramar de Camelle están destrozando, ano tras ano, o pouco que ainda segue en pé preto daquela vella caseta onde sobrevivía o artista e escultor alemán que, namorado do mar de Camelle, acabou por roubar o corazón de moitos habitantes da Costa da Morte, mais sobre todo, ós veciños deste pequeño peirao coruñes. As administracións que investiron moito diñeiro público nun museo e nunha estatua na súa honra agora parecen decididos a esquencer a obra do escultor por considerala efímera. Son moitos os lugareños que piden a protección ou traslado destas esculturas a un lugar seguro lonxe das mareas.
 Falta saber se vencerá o efímero ou o eterno.
 
 Vostede que opina querido lector ?

 

 

Casa de Man de Camelle
Casa de Man de Camelle

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE