Terroristas ao volante

Óscar de Souto
Escritor

Escritor nado en Cabana de Bergantiños, administrador de Noticias Bergantiños, A Costa Verdescente e Poesía Galega Ceibe, entre outras páxinas e grupos. Actualmente é locutor do programa radiofónico Faros de radio Roncudo Corme e colabora como redacción para 21noticias.com na Comarca de Bergantiños, ademáis é articulista de opinión na prensa dende hai varias décadas. (foto de Arquivo AELG - distrito Xesmar)

Garda civil
Garda civil

 

Un home ebrio e drogado embistió a un vehículo da Garda Civil, arrastrándoo 200 metros, en Zaragoza. De milagre, estes axentes puideron saír polos seus propios medios do vehículo oficial. Outros axentes en persecucións, en embarcacións antidroga ou en controis faleceron ou resultaron feridos, tamén axentes da policía local, que cumpren labores idénticos, sempre os primeiros en chegar, pois están a pé de rúa, debesen ter un soldo igual ao do resto de corpos policiais, e debería ser considerada profesión de risco, porque falecen exercendo unha profesión ao servizo de todos nós. Outro condutor dun accidente sen feridos cando o seu camión envorca en Santiago de Compostela, daba positivo en drogas, pero se ocasionase un accidente múltiple, con persoas falecidas, pilotando esa arma de vinte toneladas, sería outro homicidio por imprudencia. Algúns apoian aos malos e denigran aos bos, incluso avisando mediante grupos de wasap onde están os controis, pero cando un condutor bébedo ou drogado, ou as dúas cousas, mata a calquera cidadán vós mesmos chamádeslle asasino. Asasinos e terroristas ao volante que lles avisades da localización dos controis, para que os delincuentes circulen nun coche roubado sen que os deteñan nos devanditos controis, tan necesarios, porque avisar da posición dun control debe ser moito máis penado e non unha simple falta cunha multa, debe ser penado con prisión. Unha das principais causas de morte en España recae nesta moderna forma de terrorismo ao volante, pois a porcentaxe de accidentes mortais con alcol e drogas está entre as causas máis comúns en accidentes mortais, é unha nova forma de asasinar inocentes que se lle debe poñer coto desde as leis e o seu endurecemento polo ben común. 

 

A Garda Civil da Coruña detén a dous condutores por delitos contra a seguridade viaria durante a pasada fin de semana, en operativos separados 

 

Na AP-9F, preto de Fene, un condutor de 33 anos tamén positivo en alcol e cocaína. Ademais, tiña xa unha orde de procura e captura dun xulgado de Toledo

 

 A segunda detención é dun taxista interceptado en Perillo tras fuxir de dous controis en Sada. Dando positivo preliminar en cocaína. Ambos xa postos ao dispor xudicial

 

Esta xente non pode circular polas nosas estradas poñendo a todos en perigo. Esta é outra nova forma de terrorismo contra a que a nosa democracia e a nosa sociedade debe combater con man dura, a través do poder xudicial, cunha lexislación adecuada á grave situación de inseguridade que padecemos todos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE