Coa celebración de San Xoan ábrese a tempada para poder gozar dun espectáculo único en Galicia e en toda Europa.
A protesta da organización ‘Pediatras e matronas xa’ celebrouse este sábado nunha semana con moitas mobilizacións pola sanidade pública.
A miles de quilómetros da súa terra natal, afeccionados senegaleses emigrados en Galicia celebraron o título continental do seu país natal.
Mónica Rodríguez, alcaldesa de Vimianzo, é unha das persoas que encabeza o movemento contra Abanca e que o xoves pasado levo a varios centenares de veciños procedentes de cinco concellos a manifestarse fronte a sede central do banco presidido polo venezolano Juan Carlos Escotet. A rexedora vimiancesa, "insultada" pola proposta alternativa de Abanca de substituír o servizo por un caixeiro, expón en Galiciapress os seguintes pasos a dar por esta alianza de municipios, ademais das accións que o concello, a título individual, proxecta facer en defensa deste “ataque contra o rural”.
A plataforma Salvemos Cabana presentou alegacións contra o proxecto eólico, que de levarse a cabo tería un efecto inmediato no equilibrio ambiental da zona.
O colectivo Salvemos Cabana, un dos grupos ambientalistas máis activos do país, lanza un proxecto para catalogar e difundir as especies máis representativas da Costa da Morte.
A Centaurea Ultreiae Silvia Pando está en perigo de extinción, segundo a información oficial tanto do Ministerio para a Transición Ecolóxica como da Consellería de Medio Ambiente. O seu único reduto coñecido en todo o planeta son as rocas do Monte do Castelo, entre os concellos de Bembibre, Coristanco, Santa Comba e Tordoia. Alí, precisamente, a Xunta tramita por urxencia e "fraudulentamente" a instalación dun "megaparque" eólico, contra o que máis de cen persoas marcharon este domingo.
A EEI de Neaño, en Cabana, pasa a ser parte da CRA Nosa Señora do Faro de Ponteceso.Tras a revisión final das matrículas, o único centro que se cita como de nova creación é o CEIP de Negueira de Muñiz, en Lugo.
A Garda Civil de Vimianzo imputou ao docente, relacionado cun centro educativo da Costa da Morte onde traballaba como substituto, por manter conversacións cos seus alumnos – nun principio as investigacións sinalan que son de idades comprendidas entre os 15 e 16 anos – sobre o consumo de substancias estupefacientes e temas relacionados coa sexualidade.
A Sección Segunda da Sala do contencioso-administrativo do TSXG estimou o recurso contra a orde do 11 de abril de 2016 pola que se aprobou o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Muxía.
A doenza coñecida como SCA36- Ataxia da Costa da Morte débese a un problema nun cromosoma e afecta por centos de persoas. Este mes Cabana de Bergantiños acollerá un congreso enfocado nela.
A empresa do grupo Villar Mir sostén que a Administración galega "carecía de base xurídica para negarse á petición".
Unha investigación feita no País Vasco indaga no papel da muller desde o século XVIII.
Nacerá co obxectivo de canalizar as reivindicacións da comarca ante a Administración.