Flor galega única no mundo e en perigo de extinción ameazada por "megaparque" eólico

A Centaurea Ultreiae Silvia Pando está en perigo de extinción, segundo a información oficial tanto do Ministerio para a Transición Ecolóxica como da Consellería de Medio Ambiente. O seu único reduto coñecido en todo o planeta son as rocas do Monte do Castelo, entre os concellos de Bembibre, Coristanco, Santa Comba e Tordoia. Alí, precisamente, a Xunta tramita por urxencia e "fraudulentamente" a instalación dun "megaparque" eólico, contra o que máis de cen persoas marcharon este domingo.


|

A Centaurea Ultreiae Silvia Pando está en perigo de extinción, segundo a información oficial tanto do Ministerio para a Transición Ecolóxica como da Consellería de Medio Ambiente. O seu único reduto coñecido en todo o planeta son as rocas do Monte do Castelo, entre os concellos de Bembibre, Coristanco, Santa Comba e Tordoia. Alí, precisamente, a Xunta tramita por urxencia e "fraudulentamente" a instalación dun "megaparque" eólico, contra o que máis de cen persoas marcharon este domingo.


Máis de cen veciños participaron este 4 de agosto na segunda edición  de a camiñada organizada por a Plataforma Non Eólicos Bustelo – Campelo – Monte Toural .  Entre outros ataques á natureza, denuncian que nese monte "sobreviven varias especies protexidas e en perigo de extinción, tanto animais como vexetais, algunhas delas, como é o caso da Centauria Ultreia, únicas no mundo".



Parque eolico bustelo santa corda monte do castelo andaina camiñada



O que é rigurusamente certo, polo menos no caso da endémica flor. Desde que foi descrita para a ciencia hai uns vinte anos, só se indentificaron uns miles de exemplares nese monte. 


"Trátase dun endemismo galego que crece exclusivamente nunha reducida área, os afloramientos de rocas ultrabásicas (gabros) dos Montes do Castelo, na confluencia dos concellos de Bembibre, Carballo, Coristanco, Santa Comba, Tordoia e Val do Dubra, na provincia da Coruña, no NW da Península Ibérica. Actualmente está moi ameazada pola redución e fragmentación dos seus hábitats como consecuencia da concentración parcelaria levada a cabo na zona, aproveitada sobre todo para o cultivo de eucalipto, e o emprazamento de turbinas eólicas", detalla  o naturalista Suso Sanmartín, que tamén se pregunta porqué "sorprendentemente, non existe ningunha medida de protección específica para ela". 


Centaura ultreiae floradegalicia


"Unha xoia da botánica galega" na descrición da foto en twitter de Flora de Galicia


Xa hai un ano a maior asociación ecoloxista do país alertou do impacto dos parques. A pesar de a denuncia de ADEGA, a Xunta e a empresa Greenalia seguen adiante coa súa aprobación.


O TRUCO DE DIVIDIR UN MESMO PARQUE EN TRES PROXECTOS

ADEGA cualifica a instación de "tres parques eólicos fraudlentos". Porqué? En opinión dos ecoloxistas, en realidade é o mesmo parque, porque os tres proxectos non só están moi próximos senón que comparten infraestruturas, como as liñas de evacuación.


Punto de visa que comparten na citada Plataforma veciñal. O seu manifesto, lido ao chegar á catarata de Castriz, critica a "tres parques eólicos, ou mellor sería dicir, un 'megaparque' dividido en tres para acollerse á autoestrada da depredación posta en marcha pola Xunta de Galicia en forma de Lei".


A Lei á que se refiren é a polémica  "Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia" , aprobada só polo PP e ao amparo da cal se están construíndo numerosos parques. A gran novidade é que permite reducir á metade os trámites administrativos, avaliación ambiental incluída.


É dicir, a pesar do evidente valor ecolóxico da zona -proposta para formar parte da Rede Natura- a Xunta está a investir a metade de tempo do normal é avaliar o impacto do "megaparque".  Ademais, ao declaralos xa o Goberno como "proxectos de interese especial", a utilidade pública dos muíños prevalece xa sobre calquera outra consideración.


3 parques 1x1


Os tres parques están moi próximos, como proba o mapa de ADEGA


A "fraudulenta" división en tres proxectos diferentes permite que sexa a Xunta quen decida. Se se tramitase un único parque, ao ser de máis de 50 megawatios, podería tramitalo o Estado.


GREENALIA, A FIRMA GALEGA QUE MÁIS ESTÁ INVIRTINDO EN EÓLICA

Límite que supera a suma dos tres, segundo a información da promotra. "O proxecto Eolo inclúe tres parques adicionais cuxo peche financeiro está previsto para o oúltimo trimestre de 2019: Campelo (40,5 MW), Bustelo (45 MW) e Monte Toural (18 MW)", publicou Greenalia.


Trátase dunha empresa galega, a diferenza da maioría dos outras parques que se están construíndo, nos que investiu o grupo saudita Alfanar. A coruñesa Greenalia estima que creará 750 postos de traballo durante a construción destes tres e outros cinco parques, que ten máis avanzados noutras zonas.





1 Comentarios

1

A verdade e que e unha pena que esta planta se este estinguindo, rogase unha proteción para ela.

escrito por CandelaBouzasMouro 25/Mar/21    11:25 h.

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE