Parque eólico

'Eólica así non': Case 200 grupos protestarán contra os "máis de 300" parques eólicos solicitados en Galicia
A coordinadora 'Eólica así non' convoca concentracións en 22 localidades e advirte que a moratoria actual "non vale"
O rural galego en pé de guerra, en Neda tamén. Roteiro reivindicativo contra o megaproxecto do Parque Eólico Caaveiro.

Los gobiernos no pueden vender que están luchando contra la despoblación rural y luego hacerlo destruyendo nuestro medio ambiente, ¿quién va a querer vivir en un parque eólico? Nadie.


Parque éolico mariño flotante en Arteixo, solicita Iberdrola ao Ministerio de Transición Ecolóxica


Dos dous parques eólicos flotantes que Iberdola planea en Galicia, un estará fronte ás costas do municipio de Arteixo. Así se desprende da actualización da solicitude oficial de Declaración de Impacto Ambiental (DIA) do Parque Eólico Mariño de San Brandán á que tivo acceso Galiciapress.

Os muíños dun novo parque eólico lanzan grandes pezas por centos de metros, denuncia En Marea Mondoñedo

Inagurado hai unha semana, o polémico parque eólico de Sasdónigas vai camiño da Fiscalía a iniciativa de En Marea

​Emprego e manter vivo o rural: motivos de Samos e Triscatela para apoiar un proxecto eólico que pon en xaque especies protexidas

O Parque Eólico Serra do Oribio vive nun limbo administrativo impredicible. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia paralizou as obras ata que os promotores non actualicen unha Declaración de Impacto Ambiental de hai 14 anos e para un grupo de veciños da zona o fallo xudicial supón un verdadeiro pau. Unha plataforma veciñal avoga por reactivar o proxecto, que traería consigo diñeiro e melloras na contorna beneficiosas para os veciños, a pesar do impacto paisaxístico e ecolóxico que supón o complexo.

En Galicia tamén hai veciños que queren parques eólicos preto das súas casas

Cada vez que se tenta montar un parque eólico en Galicia, é común que os veciños afectados protesten. Á fin e ao cabo, terán que convivir o resto das súas vidas cunhas enormes máquinas cun relevante impacto visual e sonoro a cambio de, a miúdo, unhas expropiacións de monte mancomunal a prezo limitado. Con todo, todo o contrario está a pasar co Parque Eólico de Ou Iribio, en Samos. A Xunta acaba de paralizalo onte, obrigada pola Xustiza. Enfadados, polo menos unha parte dos veciños lanzouse á rúa en apoio aos muíños de Fergo Galicia.

Flor galega única no mundo e en perigo de extinción ameazada por "megaparque" eólico

A Centaurea Ultreiae Silvia Pando está en perigo de extinción, segundo a información oficial tanto do Ministerio para a Transición Ecolóxica como da Consellería de Medio Ambiente. O seu único reduto coñecido en todo o planeta son as rocas do Monte do Castelo, entre os concellos de Bembibre, Coristanco, Santa Comba e Tordoia. Alí, precisamente, a Xunta tramita por urxencia e "fraudulentamente" a instalación dun "megaparque" eólico, contra o que máis de cen persoas marcharon este domingo.

Denuncian un parque eólico de Endesa por afectar o Camiño de Santiago e á Ribeira Sacra
Un total de catro entidades denunciaron ante a Fiscalía as autorizacións administrativas que se aprobaron para a construción dun novo parque eólico en Paradela (Lugo), xa que consideran que provoca "afeccións negativas" sobre a Ribeira Sacra, o Camiño de Santiago e dúas especies de "aves ameazadas".
Criticas ante o proxecto de tres novos parques eólicos na comarca de Ordes


A ‘Coordinadora Contra a Implantación de Parques Eólicos na Comarca de Ordes’ denuncia a inscrición de tres novos proxectos de parques eólicos no Rexistro Eólico de Galicia. Estes tres proxectos instalaríanse en terreos pertencentes aos municipios de Cerceda, Ordes Frades e Mesía.


A filial de Naturgy GPG investirá 166 millóns en enerxías renovables en Australia

O parque eólico, denominado Berrybank e situado a aproximadamente 150 quilómetros da cidade de Melbourne, prevese que empece a operar no segundo semestre de 2020

A veciñanza de Carballo, Coristanco e Santa Comba incia alegacións contra o parque eólico

"A instalación destas infraestruturas afectaría de forma grave tamén a nivel ambiental"

Críticos cos parques eólicos alertan do papel de Ventonoso

A campaña contra os eólicos en Ordes salpica de polémica a Ventonoso -entidade vinculada ao sindicato Unións Agrarias para defender os dereitos dos propietarios rurais donos dos terreos con potencial eólico- e ao PSOE local.

Un cura párroco contra un parque eólico de capital saudita

Gumersindo Campaña Ferrol, cura párroco das parroquias de Visantoña, Mesía e Filgueira de Traba, presentou este xoves no rexistro da Coruña as súas alegacións ao Parque Eólico de Pobra. 

Veciñas instan á Xunta a non declarar de interese especial os parques de Gasalla e Monte Inxerio

As integrantes da Plataforma contra a implantación dos parques eólicos na comarca de Ordes quere evitar a "inminente actuación" da Xunta de declarar de interese especial os parques eólicos de Gasalla e Monte Inxeiro. 

Grupo de Arabia Saudita financia dúas novas empresas para explotar parques eólicos en Galicia

O Rexistro Mercantil da Coruña acaba de publicar a constitución de dúas empresas creadas especificamente para a posta en marcha de dous novos parques eólicos ao amparo da polémica Lei de Iniciativas Empresariais de Galicia. Trátase de Parque Eólixo Monte Inxeiro SL e de Parque Eólico Gasalla SL

Recollen firmas contra a construción de parques eólicos en Ordes

Consideran que a construción é "negativa para os intereses sanitarios e económicos" das veciñas, "así como para o medioambiente". A recollida levarase a cabo en bares, tendas e outros establecementos da comarca, así como a pé de rúa e polas aldeas.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE