Recollen firmas contra a construción de parques eólicos en Ordes

Consideran que a construción é "negativa para os intereses sanitarios e económicos" das veciñas, "así como para o medioambiente". A recollida levarase a cabo en bares, tendas e outros establecementos da comarca, así como a pé de rúa e polas aldeas.


|

Eolico


A veciñanza de Ordes comezou unha campaña de recollida de firmas contra a construción de parques eólicos e novas liñas de evacuación eléctrica na comarca, que consideran "negativa para os intereses sanitarios e económicos" das veciñas, "así como para o medio ambiente", segundo fixeron público nun comunicado. A recollida levarase a cabo en bares, tendas e outros establecementos da comarca, así como a pé de rúa e polas aldeas. 


As promotoras da campaña denuncian que ditas construcións carrexarían "un aumento de danos na saúde humana, perda de valor dos chans situados en áreas de afección, impacto económico nos diferentes sectores, así como no medio ambiente". Chan, augas, fauna e vexetación veranse afectados, segundo as plataformas veciñais, por estas construcións


"Aínda que se publicou que a promotora dalgúns destes parques renunciou á súa construción", declaran, ao 11 de maio "aínda consta na páxina web do Ministerio a tramitación de concesións". A veciñanza afirma que se prevé que as mesmas empresas soliciten novos parques para a comarca e que xa se están tramitando na Xunta novos proxectos para a zona do Monte Inxerio (Ordes-Cerceda) e Gasalla (Frades-Mesía)


Ante esta situación, as veciñas de Ordes solicitan ao goberno autonómico que elimine a Comarca de Ordes do Plan Sectorial Eólico de Galicia, "xa que polo seu características socio-económicas e a dispersión dos lugares habitados non é zona adecuada para a localización de instalacións deste tipo", piden no comunicado. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE