Veciñas instan á Xunta a non declarar de interese especial os parques de Gasalla e Monte Inxerio
As integrantes da Plataforma contra a implantación dos parques eólicos na comarca de Ordes quere evitar a "inminente actuación" da Xunta de declarar de interese especial os parques eólicos de Gasalla e Monte Inxeiro.
As integrantes da Plataforma contra a implantación dos parques eólicos na comarca de Ordes empezaron a presentar escritos para evitar que o consello de a Xunta declare de interese especial os parques eólicos Gasalla e Monte Inxerio.
No documento, dirixido ao Conselleiro de Economía e Emprego, Francisco Conde, e ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo as veciñas manifestan que a declaración sería "contraria ao interese xeral e posiblemente nula de pleno dereito".
As veciñas acusan a Green Capital Power, a empresa promotora dos parques así como dos de Ardemil e A Pobra, de fragmentar "de forma fraudulenta para a súa tramitación" un único parque, como se planeaba inicialmente, en varios máis pequenos "co fin de evitar trabas na súa tramitación administrativa e ambiental", segundo recolle o comunicado da plataforma Non Eólicos en Ordes.
Así mesmo, as integrantes instaron a "todos aqueles colectivos e persoas sensibilizadas" coa causa para asinar e presentar o escrito ante a Xunta.
Escribe o teu comentario