Sanidade descarta, unha semana despois, que a nena de 11 anos de Ourense morrese de meninxites

As autoridades sanitarias confirmaron nun primeiro momento o caso de meninxite, activouse o protocolo correspondente e, unha semana máis tarde, aseguran que non hai rastro de meningococo.


|

Chuo 1
CHUO

 

A morte dunha nena de 11 anos o pasado xoves 30 de abril na cidade de Ourense provocou a activación do protocolo antiepidémico por parte da Xunta de Galicia ante a sospeita de que a súa morte fora resultado dunha meninxite. A sospeita de que a pequena sufría unha infección meningocócica invasora fíxose pública inmediatamente e desde Sanidade resaltaban que esta enfermidade bacteriana ten unha evolución fulminante e pode resultar mortal en poucas horas. O xefe de servizo de Epidemiología da Dirección Xeral de Saúde Pública, Jesús Prego, puxo en marcha os mecanismos axeitados ante este tipo de situacións pero, unha semana despois, a Xunta descarta de pleno que o falecemento da menor fose por causa dunha meninxite. 

 

 

ACTUACIÓN

Desde a Consellería de Sanidade comunican agora que as probas clínicas realizadas descartan a meninxite, pois as mesmas probas non detectaron a presenza de meningococo, como sospeitaban nun primeiro momento.

 


Froito da alerta inicial púxose en marcha un protocolo por parte da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade onde se identificaron máis dun centenar de contactos estreitos da menor no seu ámbito educativo e social nun prazo de 10 días. Os mesmos foron citados para recibir a medicación de prevención correspondente seguindo os criterios de profilaxis establecidos para este tipo de casos. 

 

 

UNHA TENDENCIA PERIGOSA

O caso tivo relevancia mediática e puxo encima da mesa o excepcional deste caso, agora descartado, pola aposta que vén facendo a Xunta para a inmunización dos máis pequenos a través da vacina. Só no curso 2024/25 confirmáronse cinco casos de enfermidade meningocócica por serogrupo B. 

 

No entanto, cabe dicir que a tendencia actual non é favorable e no que vai de ano a curva leva unha liña ascendente no que a letalidad de meningococo refírese, con oito mortes entre as pouco menos de 50 infeccións rexistradas, falando así dunha proporción sensiblemente mñas alta que á de exercicios pasados. 

 

Foto: EP

 

Desde Galicia xa tomaron cartas no asunto co anunciou da ampliación da vacinación fronte ao meningococo B aos 12 anos, de maneira que todos os menores que acudan a revisión a esa idade levarán a picada. Até agora, a pauta administrábase aos 2 e 4 meses, cun reforzo ao ano. Co novo calendario, os nenos e nenas sen pauta completa recibirán dúas dose aos 12 anos.

 

 

Os síntomas da enfermidade poden manifestar en dor de cabeza intenso, febre, vómitos, rixidez de caluga, confusión mental e manchas na pel. A mortalidade da enfermidade meningocócica sitúase en torno ao 10% dos casos, polo que as autoridades chaman a acudir ao médico ante o menor indicio de sospeita ou contacto cun paciente.


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE