O traslado a fume de carozo do paritorio do antigo Materno Infantil ao Hospital Xeral de Ourense fixo estalar a bomba no CHUO ao non ser informados os sindicatos. Tampouco se avisou da presenza do conselleiro de Sanidade, Gómez Caamaño, ese mesmo día. A isto engádese o que sucede cos centros de saúde de Catoira e Redondela, un por falta de profesionais e o outro por saturación de pacientes.
A agresión á médica de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) produciuse na madrugada do domingo, cando unha paciente se negou a esperar a súa quenda e esixiu ser atendida de inmediato. Ante a negativa da profesional a saltar o protocolo, a paciente agrediuna fisicamente, propinándolle varias puñadas. Como consecuencia, a médica sufriu diferentes lesións e hematomas, tendo que ser atendida tras o ataque. Hoxe houbo unha concentración de respulta e varios sindicatos reclamaron medidas xa á Xunta, que destaca que este tipo de agresións, cada vez máis habituais, son totalmente rexeitables.
Desde Sanidade detallaron que este derrube non afectou á zona de hospitalización e fixeron fincapé en que se procedeu de maneira inmediata á limpeza da zona
Esta situación afectará directamente a preto de 30.000 consultas anuais que se realizan nesta unidade
Desde a organización fan públicas as queixas do persoal de enfermería do servizo de Urxencias do CHUO, que denuncian a “falta de medios persoais que vén arrastrando desde o final da primeira onda”.