Detido por intento de homicidio tras atropelar ao seu veciño
O Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Xinzo de Limia (Ourense) detivo a un home por atropelar a un veciño da localidade ourensá de Padrenda por unha suposta rifa.
Tras discutir, o acusado lanzouse co seu vehículo contra un veciño, mandándoo ao hospital con feridas na cabeza
O Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Xinzo de Limia (Ourense) detivo a un home por atropelar a un veciño da localidade ourensá de Padrenda por unha suposta rifa.
O CHUO, onde está ingresado o ferido
Segundo informaron fontes do Instituto Armado, ás 20,00 horas deste domingo foi detido J.N.F., de 57 anos de idade e veciño de Formarigo, en Padrenda, como presunto autor dun delito de tentativa de homicidio.
O home foi arrestado tras atropelar co seu vehículo a un veciño de Agra, no mesmo municipio de Padrenda, de 46 anos, ao que lle causou lesións en mans custado esquerdo e cabeza, debido ao que foi trasladado nunha ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), sinalaron as mesmas fontes.
A investigación apunta a unha posible rifa como causa do atropelo desta persoa. As dilixencias instruídas e o detido foron postos ao dispor do xulgado de Bande (Ourense).
Escribe o teu comentario