Posible homicidio imprudente dun bebé cuxo foi ingresado o día antes con lesións

Os proxenitores tamén están a ser investigados por un delito de lesións ao irmán xemelgo do falecido

|

A investigación avanza baixo segredo de sumario mentres a Xunta continúa exercendo a custodia do menor que foi ingresado nun hospital con lesións nas costelas


O Xulgado de Instrución número 1 de Ourense investiga por un suposto delito de homicidio imprudente aos pais do bebé de dous meses morto o pasado mes de marzo na Cidade das Burgas. Ademais, os proxenitores tamén están a ser investigados por un delito de lesións ao irmán xemelgo do falecido, que foi ingresado na UCI do CHUO cunha fractura nas costelas.



Chuo 1


Os pais prestaron declaración a pasada semana no xulgado ourensán, segundo confirmaron a Europa Press fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que apuntan que "polo momento a cualificación é orientativa e séguense solicitando probas" sobre ambos os casos.


A investigación dos feitos continúa aberta á espera de que leven a cabo as dilixencias necesarias para determinar a posible responsabilidade penal dos proxenitores. O contido das probas que se están levando a cabo está amparado polo secreto das actuacións e será necesario esperar ata que finalice a instrución para esclarecer o asunto.


INGRESA UN IRMÁN, MORRE OUTRO AO DÍA SEGUINTE

Os feitos ocorreron o pasado mes de marzo cando un bebé de dous meses ingresou no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense con lesións costais. Ao día seguinte, o seu irmán xemelgo faleceu no domicilio familiar.


Por mor do acontecido, a Policía Nacional iniciou unha investigación despois de que a traballadora social do hospital comunicase a incidencia ao Servizo de Menores da Xefatura Territorial de Política Social para esclarecer as posibles causas. A Xunta de Galicia asumiu a garda provisional do bebé, con carácter urxente, á espera de que avance a investigación.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE