Auxiliar do Sergas de Ourense enfróntase a 3 anos e 6 meses de prisión por mirar un historial

|

Unha auxiliar de enfermería do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) enfróntase a tres anos e seis meses de prisión por acceder ao historial médico dunha paciente "co fin de vulnerar a intimidade" desa persoa.


Chuo 1




Así o relata o Ministerio Fiscal, que acusa a S.G.R. dun delito continuado de descubrimento de segredos polo que será xulgada este mércores, 12 de febreiro, ás 10,00 horas na Audiencia Provincial de Ourense.

Este acto de intromisión na privacidade produciuse entre febreiro e xullo de 2016, cando a traballadora accedeu ata en sete ocasiones ao historial médico dunha muller que estaba embarazada e que ela xa coñecía porque fora parella do seu irmán.

A pesar de que a acusada traballaba como auxiliar de enfermeira na consulta de probas de Dixestivo, "utilizou unha clave persoal" para acceder ao sistema de xinecoloxía e xustificou o acceso dicindo que debía atender á muller, o cal non era certo.

Segundo a Fiscalía, a S.G.R. consultou o historial da embarazada "co fin de coñecer o seu estado físico e as condicións de evolución do seu embarazo", sen "desempeñar ningunha actividade profesional" no servizo de xinecoloxía.

Por estes feitos, acusan á muller dun delito continuado de descubrimento de segredos e a Fiscalía pide tres anos e seis meses de prisión, así como a inhabilitación absoluta para exercer o seu traballo durante seis anos.

A esta petición, o ministerio engade unha multa de 2.160 euros (seis euros ao día durante 20 meses) con 180 días de responsabilidade persoal subsidiaria en caso de falta de pagamento e costas. Así mesmo, unha indemnización á afectada por valor de 2.000 euros para emendar os danos morais causados.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress