Criticas ante o proxecto de tres novos parques eólicos na comarca de Ordes
A ‘Coordinadora Contra a Implantación de Parques Eólicos na Comarca de Ordes’ denuncia a inscrición de tres novos proxectos de parques eólicos no Rexistro Eólico de Galicia. Estes tres proxectos instalaríanse en terreos pertencentes aos municipios de Cerceda, Ordes Frades e Mesía.
A ‘Coordinadora Contra a Implantación de Parques Eólicos na Comarca de Ordes’ denuncia a inscrición de tres novos proxectos de parques eólicos no Rexistro Eólico de Galicia. Estes tres proxectos instalaríanse en terreos pertencentes aos municipios de Cerceda, Ordes Frades e Mesía.
A plataforma loita contra a creación de novos parques eólicos
A plataforma sinala que estes tres proxectos reunirían 33 novos muíño eólicos repartidos nos parques de Legre, Solpor e Meirama, que no rexistro aparecen con “senllas subestacións eléctricas”, menos no caso de Meirama e que supoñerían un total de 51 muíños se sumamos os parques de Monte Inxerio e Gasalla, ambos en tramitación. “Calquera destes tres parques están extremadamente próximos a núcleos rurais, moi lonxe do 5km que consideramos necesarios por seguridade e saúde”, sinala o comunicado emitido pola asociación.
“Denunciamos que a proximidade destes parques suxiren a idea de un mega parque eólico fragmentado de forma intencionada para eludir os impactos ambientais e sociais nunha tramitación separade, algo completamente ilegal como declara o Tribunal Supremo”, advirte a plataforma, preocupada porque estes parques instalaríanse nun zona declarada de Interese Agrario pola Xunta e que concreta moita poboación rural dedicada á gandería, que se vería afectada por unha industria que antes do proxecto “non xustificou que exista vento suficiente na zona para xerar electricidade”. A plataforma achaca esta falta de previsión á “euforia da enerxía eólica que sofre Galicia”.
Á súa vez, recalca que os concellos de Ordes, Frades, Mesía e Oroso son declarados concellos libres de eólicos o pasado mes de maio. Por iso, desde a plataforma esixen aos concellos “que manteñan a súa posición de rexeitamento aos muíños eólicos e que non concedan os permisos de actuación necesarios”. Tamén esixe á Consellería de Economía, Emprego e Industria que elimine aos concellos que se declararon libres de eólicos do Plan Eólico de Galicia.
Do mesmo xeito, sinalan a falta de transparencia das administracións publicas. “Pedimos expiaciones aos concellos afectados pola non exposición pública destes proxectos a través das canles de comunicación de cada un deles e que fagan publica a información sobre este mega parque eólico”, sentencia a misiva.
Escribe o teu comentario