O deseñador Tomás Alonso participa no ciclo '12miradas: Riverside'

Este vigués expoñerá a súa experiencia profesional, que compaxina a investigación coa creación de mobiliario, produto, iluminación, deseño de interiores e deseño de exposicións.


|

Tomasalonsoriverside

O deseñador Tomás Alonso participará este venres no ciclo '12 miradas: Riverside', comisariado por Carlos Quintáns e impulsado por Corporación Hijos de Rivera e Galería Vilaseco Laboratorio Creativo, segundo informa a organización.


Este vigués, que participará no ciclo a partir das 20,30 horas, expoñerá a súa experiencia profesional despois de trasladarse, con 19 anos, aos Estados Unidos para estudar deseño industrial.


Posteriormente, residiu en Italia e Australia para acabar instalándose en Londres, onde fundou o estudo Okay. Desde alí compaxina o seu traballo de investigación coa creación de mobiliario, produto, iluminación, deseño de interiores e deseño de exposicións.


O seu traballo, segundo explica a organización, "foi recoñecido con éxito en numerosas exposicións como a Feira de Milán ou a Semana do Deseño en Tokio", cita como exemplos.

relacionada A AELG propón celebrar un Sant Jordi galego o Día de Rosalía
relacionada Unha profesora da UVigo traduce por primeira vez ao galego 'A Child's Garden of Verses'
relacionada A Galería Sargadelos de Ferrol vende unha soa obra na poxa de 97 pezas por liquidación

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE