A AELG propón celebrar un Sant Jordi galego o Día de Rosalía

|

Santjordilibroflor


A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organiza diversos actos con motivo do Día de Rosalía de Castro, que se conmemora o 24 de febreiro, entre eles lecturas públicas de libros da autora. Tamén insta á cidadanía a regalar ese día un libro en galego e unha flor.


Ademais do acto central que terá lugar o 19 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, a AELG está a organizar lecturas públicas da obra de Rosalía de Castro. En todos estes actos, lerase un manifesto que este ano elaborará a escritora Ledicia Costas.


Por outra banda, para estender "o poder da palabra" da escritora galega, a AELG convidou a celebrar o Día de Rosalía de Castro nos centros educativos "con estas accións colectivas de difusión da súa obra", sinala.


Para a educación Secundaria e Bacharelato, propón a gravación nos centros de educación dun mannenquin challenge --o 'reto do maniquí', unha moda viral que consiste en gravar un grupo de persoas inmóbiles--, "onde o alumnado interaccione visualmente coa obra ou a figura de Rosalía", explica.


Para educación Infantil e Primaria, propón que cada alumno ou alumna elabore unha máscara da escritora. Tamén proponse facer fotos coa máscara de Rosalía e cun un cartel cun verso que escollan.

relacionada Santiago solicita a Aena que o aeroporto pase a chamarse Rosalía de Castro
relacionada Celso Emilio Ferreiro inaugura un ciclo de documentais sobre autores galegos ilustres

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE