lingua galega

O catálogo da Mesa propón un Nadal para regalar libros e xoguetes en galego

A proposta da Mesa pola Normalización Lingüística inclúe roupa, contos, produtos gastronómicos ou experiencias. 

Queremos Galego convida a todos os galegos a inscribirse para participar na manifestación do 17 de maio

Desde as plataformas 'Queremos Galego' e A Mesa pola Normalización Lingüística inciden na necesidade de “cambiar a política lingüística” en Galicia.

Subvencións do Principado de Asturias para obras audiovisuais en "galego-asturiano"
A Consellería de Cultura, Política Lingüística e Turismo, a través da Dirección Xeral de Política Lingüística, xunto con Radio Televisión do Principado (RTPA), puxo en marcha unha convocatoria de proxectos de produción para promocionar o asturiano e o galego-asturiano.
​(VÍDEO) ‘As catro estacions’ da Mesa pola Normalización Lingüística

A Mesa estrea o videoclip ‘Vos meses do ano’, con ilustracións de Xulia Vicente e música de Magín Blanco.

Presentada a programación do Día das Letras Galegas 2019 dedicada a Antón Fraguas
O presidente da RAG destaca que o autor homenaxeado "representa a preocupación do estudo das raíces populares da cultura galega"
Nace Galegoempresas, unha rede para demostrar que a lingua galega é un activo empresarial
Unhas 30 empresas formarán parte do proxecto Galegoempresas, unha web na que as entidades de Santiago de Compostela, Ames e Teo poderán sumarse para impulsar a relación co cliente en galego. A iniciativa foi presentada polo alcalde da capital galega, Martiño Noriega e as concelleiras de Normalización Lingüística de Ames, Isabel Baquero, e de Teo, Pilar Faxil, xunto ao responsable do proxecto, Óscar Maceiras.
Informe preliminar da ONU critica a discriminación do galego na Xustiza
A Mesa pola Normalización Lingüística trasladou á Oficina do Alto Comisionado da ONU para os Dereitos Humanos as "vulneracións" dos "dereitos lingüísticos dos galegos" na educación, xustiza, administración ou consumo, "promovidos" ou "consentidos" polo Estado e a Xunta.
Está o teu apelido en vías de extinción?

Menos da metade das variantes de apelidos de Galicia son galegas. Este é un dos curiosos datos dun novo libro presentado este martes no Consello da Cultura. 

​Leite galego dinamizando a lingua galega

Feiraco, agora parte do grupo CLUN, e a Xunta volven a poñer en marcha unha campaña de promoción da lectura e do galego co gallo do Día das Letras. Fano a través programas Practica a LEITura, o VII Certame de Microrrelatos, as reedicións dos libriños De onde ven o leite? o Concurso-Exposición Letras Galegas 2017 e na V Carreira Camiño das Letras.

​O Día dos Medios en Galego celébrase por primeira vez con afán de "visibilidade"

A data foi escollida por ser o aniversario do primeiro número de 'O Tío Marcos da Portela', a primeira publicación monolingüe en galego.

​A Mesa constata que a administración é "a maior incumpridora" dos dereitos do galego

Inciden, ademais, en que no sector privado "queda moito por avanzar", pero reclaman dar exemplo desde o público.

​O dicionario online da RAG pecha 2017 con 20,5 millóns de procuras

As dúbidas de léxico consultadas son un 42% máis que o ano anterior e superan as 56.000 procuras diarias.

'Afouteza' gaña a pelexa por ser a 'Palabra do Ano 2017' da RAG

A palabra, referida ao valor de quen actúa sen temor ás dificultades, impúxose a outras como 'independencia' ou 'teimudo'.

‘A Mesa pola Normalización Lingüística’ busca levar o galego ao sector socioeconómico

A iniciativa conta co apoio de todos os partidos menos do PP, que aínda non se pronunciou.

Un atlas analiza a fronteira entre o galego e asturiano no Eo-Navia

É o primeiro do mundo que analiza a fronteira entre dous idiomas e "pode dar material para realizar un estándar do galego-asturiano".

Asturias fíxase en Galicia para o debate sobre a normalización lingüística do asturiano

Un experto en lexislación lingüística nega que "os castelán-falantes vexan atacados os seus dereitos".

Unha aplicación móbil servirá para impulsar a recuperación da 'microtoponimia'

A ferramenta aínda está en desenvolvemento, pero aspira a reunir o millón de topónimos do rural galego.

Un libro somete a revisión os últimos estudos da "deriva" recente do galego

Abordan cuestións coma os 'neofalantes', o 'purismo' na defensa do idioma e a influencia do castelán.

"O galego ten palabras moi difíciles", usado como escusa para impoñer o castelán

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que FADEMGA vulnera os dereitos lingüísticos do seu alumnado.

A Deputación de Pontevedra dedica a programación cultural do 2018 á lingua galega

A primeira primeira cita para poñer en valor os programas de promoción do galego será o Culturgal, a principios de decembro.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE