Subvencións do Principado de Asturias para obras audiovisuais en "galego-asturiano"
A Consellería de Cultura, Política Lingüística e Turismo, a través da Dirección Xeral de Política Lingüística, xunto con Radio Televisión do Principado (RTPA), puxo en marcha unha convocatoria de proxectos de produción para promocionar o asturiano e o galego-asturiano.
A Consellería de Cultura, Política Lingüística e Turismo, a través da Dirección Xeral de Política Lingüística, xunto con Radio Televisión do Principado (RTPA), puxo en marcha unha convocatoria de proxectos de produción para promocionar o asturiano e o galego-asturiano. O galego-asturiano é a forma na que o Principado denomina á lingua galega que se fala no Occidente do seu territorio. Do mesmo xeito que o asturiano, carece do status de cooficial, aínda que nos últimos anos o goberno de esquerdas deu pasos para a súa promoción.
A convocatoria quere ser, segundo sinalaron desde o Principado a través de nota de prensa, un estímulo ao sector cultural despois do impacto da crise sanitaria. O departamento que dirixe Berta Piñán destinará 133.800 euros a esta iniciativa.
Berta Piñán
AXUDAS NON HABITUAIS
Esta medida, de carácter extraordinario, ten como obxectivo a creación de obras audiovisuais de temática libre que poñan en valor a cultura asturiana nos máis variados aspectos.
Con este propósito, á convocatoria poderán presentarse traballos de calquera xénero relacionados coa música, as artes escénicas e plásticas, a literatura, o cinema, o patrimonio cultural e etnográfico, a historia ou calquera outra disciplina, encamiñados tanto a público infantil como adulto, para a súa emisión en radio ou TV.
Escribe o teu comentario